2.7.15

Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz

Este libro recolle a exposición coa que se homenaxeou o poeta o Día das Letras do 2014. Trátase dun traballo colectivo coordinado por Alfonso Blanco Torrado que, baixo o título de "Unha voz limpa e comprometida", traza a traxectoria vital e poética do homenaxeado e sintetiza o triplo basamento da súa obra: lingua + paisaxe + cultura labrega. Afirmación que se pode ver corroborada polas imaxes desta fotobiografía.
Completan o traballo as achegas de Luís G. Tosar ("Diálogo con palabras amadas e soñadas") e Armando Requeixo ("A poesía que non se vai xa máis" e a "Cronoloxía", ampla e detallada).
Como agasallo, acompaña ao libro o documental de Xosé Antón Cascudo, O instante eterno, que recolle o espazo poético diazcastriano.
Imaxe: Xosé Cid. Escultor


Dictiografía

Alfonso  Blanco Torrado (coord.), Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz. Vigo, Galaxia / Xunta de Galicia, 2014.

30.6.15

Noticias de literatura-162. Xuño de 2015

Tres nomes da nova literatura fanse coas tres categorías dos premios xerais e poñen sobre a mesa varias cuestións arredor da escrita dos nosos tempos (Sermos Galiza, 06-06-2015).
unha obra de Xosé Díaz (Lugo, 1980) nada da súa tese de doutoramento, centrada en Dieste (1899-1981) e a xeometría, unha relación tan descoñecida como enriquecedora (Xosé Manuel Piñeiro, Sermos Galiza, 06-06-2015).
Con A identidade fascinada (Galaxia) o escritor Antonio Piñeiro leva á literatura a Compostela universitaria dos anos oitenta e a fin dun tempo que sitúa na noite na que a explosión na discoteca Clangor puxo fin a unha etapa de entusiasmo (Carme Vidal, Sermos Galiza, 13-06-2015).
[...] o título De como acontece a fin do mundo apunta cara o contido do libro. “Recolle unha crítica de como está o panorama que me preocupa bastante, o concepto de “desnivel prometeico”de  Günther Anders é dicir, a distancia entre unha acción e as súas consecuencias, coa gran complexidade do sistema (C. V., Sermos Galiza, 23-06-2015).
[...] presentación da fotobiografía de Otero Pedrayo elaborada por Afonso Vázquez-Monxardín e Patricia Chachero. A coautora do libro fixo un repaso dalgunhas das imaxes e dos datos máis singulares da publicación Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía 1888-1976 (Xosé Manoel Rodríguez, La Voz de Galicia, 29-06-2015).
La Real Academia Galega (RAG) y el Ayuntamiento de A Coruña han iniciado hoy una serie de contactos para colaborar en los preparativos de la celebración en 2016 del centenario de las Irmandades da Fala (El Correo Gallego, 29-06-2015).

28.6.15

Francisco Castro, 'O corazón da Branca de Neve'

Imaxe: Editorial Galaxia
O inspector Hermida descobre e detén unha banda criminal que se dedica ao tráfico de seres humanos. Baixo o disfrace dunha ONG rapta mozas embarazadas, véndelles os bebés, mátaas e fai desaparecer os cadáveres.
A banda criminal sostense en tres necesidades: a das nais mozas que foxen da necesidade ou da persecución; a das parellas que buscan fillos con desesperación e a do sometemento a substancias adictivas.
No caso que ocupa desta volta ao inspector Hermida atopamos unha rapaza marroquí -Leila- que foxe do seu país para tapar o embarazo da vergoña, e un matrimonio novo -Sonia e Alberto- ao que non lle dá chegado o bebé polo que ela devece. A banda criminal véndelles o bebé clandestinamente e fai que manten a parturiente. Do traballo sucio encárgase un heroinómano, o Branco.
Un remol de piedade impídelle ao asasino desfacerse da rapaza e abandónaa onde poidan dar con ela, aínda que sexa moribunda. A partir de aí, o canso pero experto e pundonoroso inspector Hermida irá botando luz sobre a trama criminal.
O autor mantén maxistralmente o suspense ao longo do relato e logra tecer un fío invisible de unión entre os personaxes bondadosos desta historia, malia non se copeceren e estaren afastados.

Dictiografía

5.6.15

'O corazón da Branca de Neve', de Francisco Castro. Test de lectura-1

Exercicio para o club de lectura d'O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro.
A actividade rouba uns poucos minutiños e consiste en sinalar se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre esta novela.

31.5.15

Noticias de literatura-161. Maio de 2015

o xurado do premio Johán Carballeira decidiu por unanimidade recoñecer Os fillos da fame, o libro asinado por Ismael Ramos (Mazaricos, 1994). Segundo o xurado, o libro goza de “indubidábeis valores poéticos” que o sitúan na “mellor tradición da poesía internacional” (Sermos Galiza, 02-05-2015).
"Co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introdución de elementos alleos ou construcións distorsionantes", explican na introdución dunha obra que delimita 34 tipos distintos de feísmos, explicados de maneira amena e retanqueira, e contextualizados social e xeograficamente (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 06-05-2015).
A autora publicara o ano pasado ‘Sangue 12′, (Urco), novela na que conectaba fíos como a tecnoloxía, a literatura e o feminismo a través dunha historia de amor entre dúas adolescentes, unha delas vampira. Nuns meses, Urco editaralle tamén a súa obra ‘Limiar de conciencia’, que fora hai anos finalista dos premios Xerais. O discurso literario desta autora é singular, sólido e, moitas veces, transgresor nun contexto, en ocasións, se cadra algo “rancio” para acoller voces como a dela (Montse Dopico, Magazine Cultural Galego, 08-05-2015).
[...] o xurado elexíu [...] valorando "a estrutura unitaria do poemario e a proposta innovadora na tradición europea experimental que, a partir do cotiá, constrúe un universo poético narrativo en conexión coas artes visuais" (Cristina Botrán, El Correo Gallego, 10-5-2015).
O Círculo das Artes de Lugo acolleu a Gala das Letras, durante a que se deron a coñecer as obras gañadoras dos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A obra A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz foi elixida como o mellor título de 2014 (Sermos Galiza, 10-5-2015).
Con Soño e vértice a xornalista e escritora Eva Veiga faise co certame de poesía “Concello de Carral”. Recibe Veiga a noticia do novo premio tan só tres días despois de ter recollido en Lugo o premio da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) na modalidade de poesía polo seu libro A distancia do tambor (Sermos Galiza, 14-05-2015).
A poeta María do Carme Kruckenberg faleceu este sábado, véspera do Día das Letras Galegas, aos 88 anos de idade. A prolífica escritora , considerada “unha das voces máis libres e potentes da poesía galega de todos os tempos”, deixa un inmenso legado literario (Sermos Galiza, 16-05-2015).
“É a historia dun clan orixinario do Rosal que viven en Vigo; é afín ao réxime franquista”, explica a autora. Ao longo de tres xeracións, dende os anos anteriores á guerra civil ata os setenta, fai un percorrido cunha cidade que medra e se transforma como escenario da trama. “Fundamentalmente é unha historia intimista que aborda os sentimentos, os medos e as valentías dos protagonistas; como trasfondo están outros aspectos máis diluidos, entre eles o histórico”, puntualiza Noa (A. Baena, Atlántico, 16-05-2015).
El escritor de Teis dirigió ayer una visita por el escenario de su última novela, Tes ata as 10 (Galaxia, 2014). Unas sesenta personas siguieron atentamente sus explicaciones en un recorrido interactivo (Jorge Lamas, La Voz de Galicia, 24-05-2015).
relata o seu ingreso no hospital psiquiátrico La Robleda para loitar contra unha fonda depresión. É un libro de ruídos, de historias, de honestidade. A autora non busca subterfuxios, nin procura o eufemismo. Íspese palabra a palabra para cercar coa letra escrita un momento da súa vida en que todo se parou (Alberto Ramos, Praza Pública, 29-05-2015).

21.5.15

'A pomba e o degolado'-1. Test de lectura

A pomba e  o degolado-1. Divertimento para o club de lectura desta novela de Fina Casalderrey.
Consiste o exercicio en sinalar se son verdadeiras ou falsas as afirmacións que se fan sobre os personaxes da obra.


10.5.15

Lingua esgallada-56

Lingua esgallada-56
Velaí deixo un novo exercicio -Lingua esgallada-56- feito con grallas de textos escritos. Non leva moito tempo facelo: os consabidos 3-5 minutiños. Consiste a tarefa en ir marcando aquelas opcións que se consideren axeitadas ao galego estándar. Poden ser unha ou varias as opcións que cómpre sinalar.

4.5.15

X. M. Álvarez Blázquez. Exposición do centenario

Centenario Álvarez Blázquez. Miniquest


Para o alumnado de FP básica e PCPI.
Miniquest sobre a figura de Álvarez Blázquez.
Visitamos a exposición "Centenario de Xosé María Álvarez Blázquez. Construtor dunha cidade de libros. Tui, 1915-Vigo, 1985" (na Fundación Penzol) e respondemos da actividade con esta pequena miniquest.

2.5.15

Filgueira Valverde. Achegas na rede-2

Conmemoracións
  1. A antesala das Letras Galegas eleva a figura de Filgueira Valverde, P. Calveiro, La Voz de Galicia, 24-02-2014.

Valoracións e debate
  1. Xosé Manuel Sarille, “Filgueira Valverde”, Galicia Confidencial, 05-03-2015.
  2. X. L. Franco Grande, “De novo con Filgueira”, La Voz de Galicia, 09-03-2015.
  3. Xesús Alonso Montero, “Nas vésperas do 17 de maio”, La Voz de Galicia, 29-04-2015.

Sobre o autor
  1. Páxina web da Fundación Filgueira Valverde: http://filgueiravalverde.gal/
  2. Emilio Xosé Ínsua López, “Sobre Filgueira Valverde”, no blog A Íinsua do Ínsua, 10-04-2015.
  3. Xesús Alonso Montero, Filgueira Valverde. Biografía intelectual. Noticia da presentación da obra en Galicia Hoxe, 16-04-2015. Sobre o mesmo asunto: “Alonso Montero avanza as claves da biografía intelectual de Filgueira”, El Correo Gallego, 17-04-2015.
  4. Víctor F. Freixanes, “O señor Filgueira”, La Voz de Galicia, 26-04-2015.
  5. Gonzalo E. Veloso, Contextualizando a Filgueira Valverde. Documental. Véxase Consello da Cultura Galega.

Sobre a obra
  1. Xesús Ferro Ruibal, “Filgueira: innovación no teatro escolar”, La Voz de Galicia, 02-03-2015.
  2. Galaxia rompe o xeo e publica Filgueira Valverde”, Sermos Galiza, 27-03-2015.
  3. X. F., “Os contos de Quintana viva [...]”, La Voz de Galicia, 07-04-2015.
  4. Carme Vidal, “Freixeiro Mato,  autor de A poesía oculta de Filgueira Valverde”, Sermos Galiza, 08-04-2015.