Imaxe: Editorial Galaxia |
O inspector Hermida descobre e detén unha banda criminal que se dedica ao tráfico de seres humanos. Baixo o disfrace dunha ONG rapta mozas embarazadas, véndelles os bebés, mátaas e fai desaparecer os cadáveres.
A banda criminal sostense en tres necesidades: a das nais mozas que foxen da necesidade ou da persecución; a das parellas que buscan fillos con desesperación e a do sometemento a substancias adictivas.
No caso que ocupa desta volta ao inspector Hermida atopamos unha rapaza marroquí -Leila- que foxe do seu país para tapar o embarazo da vergoña, e un matrimonio novo -Sonia e Alberto- ao que non lle dá chegado o bebé polo que ela devece. A banda criminal véndelles o bebé clandestinamente e fai que manten a parturiente. Do traballo sucio encárgase un heroinómano, o Branco.
Un remol de piedade impídelle ao asasino desfacerse da rapaza e abandónaa onde poidan dar con ela, aínda que sexa moribunda. A partir de aí, o canso pero experto e pundonoroso inspector Hermida irá botando luz sobre a trama criminal.
O autor mantén maxistralmente o suspense ao longo do relato e logra tecer un fío invisible de unión entre os personaxes bondadosos desta historia, malia non se copeceren e estaren afastados.
Dictiografía
- Francisco Castro gaña cunha historia de intriga o Premio de Novelas por Entregas de La Voz, La Voz de Galicia, 12-07-2013.
- O corazón da Branca de Neve (Galaxia) de Francisco Castro, en Fervenzas Literarias.
-
___________________________________________Francisco Castro, O corazón da Branca de Neve. Vigo, Galaxia, 2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario