2.2.14

Onofre Sabaté. Contos de África

Contos de África é unha escolma de relatos orais deste continente. Onofre Sabaté sinala no limiar o carácter
Imaxe: Consorcio editorial galego
universal e, asemade, o parecido que teñen cos nosos propios relatos populares. Destaca como alicerces dos contos escollidos catro trazos culturais:
  • Vivir en harmonía coa natureza
  • Respecto polos anciáns e prevalencia do común sobre o individual
  • Visión relixiosa do mundo
  • Transmisión oral (trazo que devolve a propiedade do relato á comunidade)
Estamos diante de literatura didáctica que nos sitúa no mundo, explica as súas orixes e dá consellos para vivirmos nel. Persoas e animais que teñan intelixencia para aprenderen e respectaren as leccións dos devanceiros veranse premiados con riqueza e felicidade. Por contra, quen rompa a harmonía coa natureza ou poña os propios intereses por riba do interese común acaba pagando a estupidez cos bens ou coa vida.
Malia a dureza da pena, o xénero humano amosa un indubidable pendor cara á estupidez. Isto sábeno os outros animais, que prefiren ver os humanos canto máis lonxe mellor: home cerca, desgraza segura. Como aprendemos en “Kuakú Baboní”, o home é máis terrible de todas as criaturas; por iso os animais, “como teñen boa memoria, foxen desconfiados en canto divisan ou cheiran a presenza do home” (p. 151). O narrador popular, salvo excepcións, amosa pouca confianza na bondade do xénero humano (“A árbore que falaba”). Pero cando esta se dá, ten premio (“O pescador e o seu fillo”).
Nesta escolma de relatos atopamos descritos os problemas e as situacións máis comúns cos que se atopa o xénero humano, tales como o misterio da morte (“A lenda de Kintu e Nambi”), a fuxida da necesidade e da fame (“O galo cantador debe cantar”), o abuso de poder, exercido ás veces por un monstro que se debe eliminar (“Takisé ou o touro da vella”, “O monstro do lago”), o cainismo (“O irmán rico e o irmán pobre”, As tres irmás e Itrimubé”), a pillería como autodefensa (“O cágado e o lagarto”, “A burra do lavandeiro”, “O neno e o crocodilo”).
E como pano de fondo de todos os relatos notamos a saudade dun mundo feliz que noutrora debeu de existir.

Contos de África. Santiago, Edicións Positivas, 2012. Selección, tradución e limiar de Onofre Sabaté.

1.2.14

Noticias de literatura-145. Xaneiro 2014

El 7 de enero, Francisco Fernández del Riego habría cumplido 101 años. Cuando contaba con apenas 20, fue el encargado de pronunciar el discurso estudiantil en la apertura del curso universitario de 1933, una reflexión que bajo el título «La Universidad gallega ante el momento actual» clamaba por la galleguización de la institución académica compostelana en un momento en el que la derecha recuperaba fuerzas en el panorama político y también estudiantil (Tamara Montero, La Voz de Galicia).
Uno de los textos, escrito en gallego, lleva por título 'Dinche o corazón na man', mientras que los otros tres poemas, escritos en castellano, podrían pertenecer a su última obra, que no llegó a ser publicada, y que llevaría por título 'Postrimerías' (El Correo Gallego, 16-01-2014).

La comedia, ambientada en Dublín, relata «un año extraordinario» para tres generaciones de mujeres que conviven bajo el mismo techo (La Voz de Galicia, 17-01-2014).
Coordinada por Teresa López e Dolores Vilavedra, a xornada “30 anos de novela negra galega” percorrerá a historia do xénero na nosa literatura, desde o seu nacemento coa publicación de “Crime en Compostela” de Carlos Reigosa, obra gañadora do Premio Xerais, ate a actual expansión co aumento de títulos e autores que teñen nos crimes, o misterio e a investigación o cerne da súa escrita (Sermos Galiza).
O xurado destacou a orixinalidade e o enfoque do tema, “que afronta un asunto
Durán Medraño.  Foto: Sermos Galiza
de actualidade e abre unha reflexión nova sobre a concepción do traballo na sociedade contemporánea”. Relaciona o autor na súa obra a teoría do valor do traballo e o pracer, botando man do pensamento máis actual para “sublñiar a dimensión creativa e estética do traballo, ademais de social” (
Sermos Galiza).
O neoliberalismo fascista artellou uns mecanismos de dominación cada vez máis
Rebeca Baceiredo. Foto: Praza pública
sofisticados. Un novo xeito de escravitude converte o ser humano nun máis dos engrenaxes da máquina produtiva. Neste contexto, o control absoluto sobre os corpos e as mentes garántese a través da regulación das formas “correctas” de pensar, de sexualidade, os espazos e os tempos apropiados para ler, comer, xogar... Este é o panorama que debuxa a ensaísta Rebeca Baceiredo (Montse Dopico,
Praza pública).
-Foi un poeta moi coñecido na súa época porque representaba xustamente a imaxe perfecta do romántico. Era un mozo liberal que morreu en estrañas circunstancias na praia coruñesa de San Amaro, con 25 anos. Era moi amigo de Murguía, Pondal ou Rosalía, na que tivo moita influencia, recoñecible nos versos da escritora de Padrón, nas formas, nas imaxes, moi parecidas (La Voz de Galicia, 27-01-2014).
Feijoo amplió la idea. Los tiempos que estamos viviendo "son horrorosos". Una masa enorme nos aplasta y en medio humean las chimeneas de "una fábrica de borreguismo". Para salvarse de la cadena de montaje en serie, para pensar por uno mismo, "un libro es un arma que hay que tener en consideración" (El País, 27-01-2014).
O 'Epistolario de Luís Seoane' é unha iniciativa inédita que permite ao usuario
Luís Seoane. Foto: Sermos Galiza
internarse na "complexa rede de relacións persoais" do artista con intelectuais de Latinoamérica e Galicia, a través da consulta de máis de 1.600 misivas (
Galicia hoxe, 28-01-2014).
Nun comunicado, a Deputación resalta ademais as palabras do xurado relativas á importancia da narrativa coloquial da obra e o seu vocabulario, así como a narración fluída que entronca coa cultura propia de Galicia e de Ourense (Galicia Hoxe, 30-01-2014).
durará tres meses, polo que o filme podería estar listo a finais de ano. Outro dos aspectos que Ignacio Vilar está coidando con máis detemento son as localizacións e escenarios da historia, para "captar a atmosfera da novela". A Praza Maior de Ourense transformarase para volver á Auria de hai 50 anos, para rodar os exteriores, e habilitaranse dúas das tendas máis coñecidas dos arredores da Casa do Concello. Aproveitarase tamén, como destaca Vilar, que "a ruta da Esmorga consérvase casi na súa totalidade, practicamente nun 80%" e no filme aparecerán tamén As Burgas, a capela do Cristo e a Catedral, despois de obter o permiso do Bispado (Praza pública).

22.1.14

Unha carta de Umberto Eco

Umberto Eco. Foto: l'Espresso
Este pasado Nadal o xornal italiano l'Espresso pediulles a recoñecidas personalidades do mundo da cultura e do pensamento unha carta dirixida a algunha persoa querida que recollese os seus mellores desexos para o novo ano 2014. O recoñecido semiólogo e novelista Umberto Eco diríxelle a carta ao seu netiño. O escrito non deixa o lector indiferente; mesmo algún deles se ten indignado por comparanzas desafortunadas do intelectual (abonda con ver os comentarios).
Imaxe: l'Espresso
Así e todo, a carta contén interesantes consellos didácticos. E neste sentido está recollida e comentada na páxina MetaDidattica. O consello é antigo e resúmese nunha sinxela frase:

--Benquerido netiño, aprende de memoria.

Non se trata, asegura Eco, dunha recomendación de vello rosmón que se leva mal cos trebellos dixitais. Tales trebellos velaí están para seren usados por mozos e anciáns; facilitan a vida e axudan a atopar a información nun lóstrego. Pero non saben distinguir entre o útil e esterco informativo. Non poden substituír o cerebro nin o coñecemento.
O autor da carta quere advertir ao seu neto dunha enfermidade da que adoecen os mozos dos nosos tempos: a perda da memoria. E non se refire soamente a perda do gusto por meter cousas na cabeza, senón tamén a perigosa ignorancia de non querer saber das cousas que sucederon antes de nacermos e que están a condicionarnos a vida: "porque moitas veces aquilo que aconteceu antes explica por que certas cousas suceden hoxe". Eco concibe a memoria como un músculo que cómpre exercitar para non virar en idiotas.
Salto aquí os pequenos detalles, que Umberto Eco podería levar ata o infinito. Considero precioso o remate da carta: cando o neto chegue a vello, o exercicio da memoria teralle permitido vivir miles de vidas porque o que se aprende deste xeito converte ao estudante nunha sorte de protagonista dos feitos que estuda.
Non obstante o dito, sabemos de xente que considera o gusto por aprender como vicio de dexenerados. E tamén sabemos que existen gobernantes, noutras partes do mundo, que prefiren bueyes que aren y no gente que lea. O que non sabemos é se o consello de Eco pode terse en consideración nunha ensinanza de calidade.
Abur e sentidiño.

21.1.14

Premio Dardos

Hai uns días recibimos a sorpresa deste agasallo que nos fai  Antonio Martínez, administrador do blog Iniciarte.Agradecémolo e aceptámolo con moita ilusión, especialmente por vir de onde vén.Somos seguidores de Iniciarte: representa para nós unha fonte de formación en arte e, sobre todo, un agasallo para os ollos.
Imos, xa que logo, a facer os deberes do agradecemento. Énos grato recoñecer "a creatividade, o esforzo e a dedicación para acadar unha calidade de contidos" destes blogs que relacionamos por orde alfabética:


Grazas por compartirdes emocións e coñecementos, polo gusto da lectura, polo amor á lingua e a todo canto nela poidamos expresar.

4.1.14

Xosé María Díaz Castro. Letras 2014. Achegas na rede

Xosé María Díaz Castro
Imaxe: RAG
Designación da RAG


Sobre o autor e a obra