3.3.12

Noticias de literatura-120. Febreiro 2012

María Canosa.
Foto: M. Villar/La Voiz de Galicia.
Si, falo do mar con todas as súas identidades: a parte crúa, a parte dura, a parte romántica. Ningún dos versos é igual, como as ondas que van e veñen, como o mar: uns son curtos, outros máis longos e van debuxando liñas no papel, como as ondas do mar (La Voz de Galicia, 17-02-2012).
Antón Riveiro Coello presenta Laura no deserto (Galaxia):
Antón Riveiro Coello. 
Foto: Óscar Corral/El País.
A amnesia é unha salvación, pero ao tempo Laura precisa reconstruírse nos demais porque sen esas lembranzas desaparece a propia identidade. Somos porque nos relacionamos e precisamos saber o que nos pasou para entendernos. O meu intento foi que a novela atravesase os lectores para que rematasen interpelándose pola súa propia actitude nesa situación extrema da inhumanidade (El País, 16-02-2012).
Gonzalo López Abente, proxecto de edición da obra poética completa:
El nuevo volumen de Espiral Maior incluirá los cinco libros que López Abente publicó en vida (Alento da Raza, Centileos nas ondas, D?Outono, Escumas da Ribeira y Nemancos), así como los poemarios que vieron la luz tras su muerte (Decrúa, Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca y Bretemada). También recogerá un conjunto de poemas que fueron publicados en revistas y otras publicaciones y que aparecieron entre la documentación privada del autor (La Voz de Galicia, 18-02-2012).
Xulio López Valcárcel presenta O escano baleiro:
non é só o chanzo de madeira no que adoitaba descansar Uxío Novoneyra ao pé da súa casa no Courel. É o símbolo da perda da Galicia rural. «Agora, testemuño mudo doutro tempo, [ese escano] non acolle máis que o peso da sombra dos que por el pasaron», di o autor (entrevista de Ana Abelenda, La Voz de Galicia, 21-02-2012).
Xosé María Fernández Pazos presenta Sálvora.Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel:
Imaxe: Galicia Hoxe.
O xermolo deste libro foi en 1998, cando Fernández Pazos publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do Santa Isabel. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construcción, o interior do buque e datos históricos sobre a traxedia do barco (Galicia Hoxe, 22-02-2012).
Ursula Heinze, poemario bilingüe:
A sección alemá do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago sacou á luz unha publicación bilingüe cunha selección de 50 poemas da autora alemá afincada en Compostela (Galicia Hoxe, 23-02-2012).
Rosalía de Castro, fotos da homenaxe dos 175 anos (El Correo Gallego, 25-02-2012)

Emilio Grandío, Vixiados. Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (Laiovento, 2011):
Los sabuesos eran exhaustivos. Tenían la consigna clara: había que confeccionar un fichero de “rojos e indeseables” a la mayor urgencia. Solo en Vigo, entre 1936 y 1939 perpetraron casi 4.500 informes. A veces los traicionaba su propia obsesión, como cuando el alcalde de Sada le pidió al gobernador civil que sacase del pueblo a una mujer que pedía limosna. Creía que su demencia era fingida y podía ser una espía (El País, 26-02-2012).


22.2.12

Tucho Calvo. O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade

Imaxe: O legado xornalístico...
Publicouse este libro en 1997, ós dez anos do pasamento de Valentín Paz Andrade. Recolle nove artigos publicados en La Voz de Galicia entre 1960 e 1982. Con este xornal  xa cobaborara Paz Andrade antes da guerra civil.
O libro estrúturase nas seguintes partes:

a) Unha biografía xornalística, de Tucho Calvo, enfocada dende o punto de vista do home comprometido co país que foi Valentín Paz Andrade. Saliéntase a temperá vocación publicista do noso autor e a súa continuidade ó longo de toda a vida, mesmo nos anos negros das ditaduras. Publicar na prensa significaba crear conciencia, facer país. E non o arredaron deste camiño nin as multas nin o cárcere nin outras penitencias sufridas por tal motivo.

b) Unha escolma de artigos, que resultan aínda hoxe dunha sorprendente actualidade. Tanta que, á luz dos acontecementos destes últimos anos, fan pensar ó lector que xa estabamos avisados.
Imaxe: O legado xornalístico...

  1. “Cara e cruz da autonomía”, 31-12-1997. O persoeiro viviu moi de cerca ambos os dous procesos de autogoberno, e nos artigos escolmados enfoca o tema tanto coa ollada no futuro coma na sabedoría da experiencia. Neste artigo non esquece o aviso de alerta (“que non desfagan a fe do pobo cunha nova frustración”) nin unha recomendación que non se debería esquecer (“que poña en auxe as estruturas produtivas até agora esvaciadas ou entumidas”).
  2. “Dous decenios de estancamento na economía galega. O índice da renda per cápita”, ?-12-1978. Comenta o índice de renda per cápita e escribe, en 1978, que nos últimos decenios a Galicia “pasoulle o sol pola porta” (p.45) e lembra a tendencia secular que “estrangula” o “destino histórico e a recuperación socieconómica dun pobo” (p. 47).
  3. “La hora crítica del sector pesquero”, 30-11-1978.
  4. “La proyección espacial y etnológica de la lengua galaico-lusitana”, 07-02-1960.
  5. “Cabanillas e Curros”, 16-05-1976.
    Imaxe: O legado xornalístico...
  6. “San Iago, A Coruña e Lugo na historia do proceso autonómico”, 25-07-1982. A ollada á historia do proceso autonómico supuxo unha frustración para o pobo polos escasos froitos da longa loita polo autogoberno. Pobo oprimido que se ve envolto “na corrente circular entre a pobreza, a marxinación superimposta e o éxodo aventureiro” (p. 73). Remata o artigo coa “leición recollida”: “O mal da insolidade interna do país, aínda diante dos trances nos que se xoga o seu destino político e socioeconómico vén de vello. É un andacio que se propaga no tempo, que se fai reciclante. Presente no noso tempo e presente no pasado” (p. 75).
  7. “A centenaria aventura da Galicia Diplomática”, 02-09-1982. “Decatarse de que ningunha pluma o lembrara, nin co gallo de se cumprir agora o centenario, é un feito ben desconcertante. Polo que de negativo ten, e pola infravaloración que supón dunha páxina esgrevia do pasado das letras galegas” (p. 77).
  8. “El ahorro de Galicia y la financiación industrial”, 01-01-1964.
  9. “Galicia problema humano. La tasa del incremento demográfico”, 06-04-1960. Hoxe é un problema que salta á vista, pero no ano 60 Paz Andrade xa se decatara de que Galicia medraba por debaixo da media estatal e a provincia de Lugo xa estaba a perder poboación. Daquela aínda non era un andazo.

Malia escolmárense só nove artigos para cubrir dúas longas décadas de actividade, son abondo para darnos unha idea cabal da figura de Valentín Paz Andrade, das súas inquedanzas e das súas liñas mestras de actuación: política, economía, sociedade e etnoloxía, lingua e literatura.

c) Canda a biografía xornalística e a escolma van “Catro apuntes sobre a figura de Valentín Paz-Andrade” redactados por personalidades que o trataron de cerca: Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo, Jordi Pujol e Alfonso Paz-Andrade.

d) Remata o libro cunha “Cronoloxía biográfico-xornalística” e cun útil índice onomástico.


Tucho Calvo (ed), O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade, A Coruña, La Voz de Galicia, 1997. Limiar de Santiago Rey Fernández-Latorre.

18.2.12

Ninguén (de Fran Alonso). Cuestionario

Imaxe: Xerais.
CUESTIONARIO para o club de lectura de Ninguén (Fran Alonso, Vigo, Xerais, 2011).

  1. Enumera e comenta as características xerais dos protagonistas dos relatos de Ninguén.
  2. Describe o tratamento do espazo literario nos relatos desta obra.
  3. Comenta as principais filias e fobias que padecen os personaxes de Ninguén.
  4. Describe a “vida rutinaria” á luz da lectura dos relatos.
  5. O papel da tecnoloxía nesta obra.
  6. Partindo da lectura da obra, ¿que crítica lle podes facer ás novas tecnoloxías?
  7. ¿Que podes dicir dos casos de tolemia e tendencia autodestrutiva que atopas nestes relatos?
  8. Enumera os temas tratados nos hoax e comenta o seu enfoque.
  9. Dá unha interpretación plausible do estraño relato titulado “Home Vello e Muller Vella”.
  10. Analiza a estrutura de Ninguén.
  11. Baseándote nos relatos desta obra, describe as relacións paternofiliais na sociedade moderna.
  12. Comenta a visión da emigración que se dá na obra.
    Foto: Xerais.
  13. Comenta a linguaxe empregada na obra, especialmente a adecuación ó mundo que se nos describe.
  14. Cada relato ten os seus personaxes, pero hai algúns que traspasan esa fronteira para estableceren relacións con outros personaxes. Averigua quen son e como é a relación establecida entre eles.
  15. ¿Poderías dar unha descrición da vida laboral a partir da lectura de Ninguén?
  16. En Ninguén atopamos personaxes con nome e outros sen el. Analiza este aspecto e comenta se poder ter algunha relación coa temática da obra ou coas características dos propios personaxes.


Etiquetas: , , ,

16.2.12

Noticias de literatura-119. Febreiro 2012

Henrique Harguindey. 
Foto: Lalo R. Villar/El País
Henrique Harguindey, La Galice racontée par des Français:
Galicia tivo o seu papel, pequeno pero “sorprendente”, ao longo de máis de 1.000 anos de cultura escrita en Francia. As referencias —algunhas tópicas, outras fantasiosas, moitas certeiras— pódense atopar en Internet e de balde no estudo, escrito en francés, Le Galice racontée par des Français, do filólogo Henrique Harguindey (Alberto Leyenda, El País, 02-02-2012).
Xosé María Álvarez Blázquez: fondos do seu arquivo cedidos pola familia á Penzol.
«Esta notable doazón enriquece á Biblioteca Nacional de Galicia, como alguén chamou á Fundación Penzol», sinalou Alfonso Zulueta, como presidente do padroado receptor das 111 carpetas de fondos arquivísticos de Xosé María Álvarez Blázquez (La Voz de Galicia, 04-02-2012).
Noticia no Galicia Hoxe (o3-02-2012):
Toda esta documentación atópase agrupada en diversos temas, como prehistoria e arqueoloxía, literatura galega medieval, dos Séculos Escuros e do Rexurdimento, romances impresos en Galicia e unha importante colección do cancioneiro popular. Tamén abrangue campos como a historia de Galicia e da cidade olívica, temas vigueses, filatelia, toponimia e lingüística, etnografía e folclore.
Estíbaliz Espinosa. 
Foto: Galicia Hoxe
Poetas (din)versos no Ágora:
Iníciase así unha nova xeira para estas citas mensuais co mellor da poesía contemporánea, pois, ademais de estrear nova sede, dá un paso máis alá ampliando o seu ámbito para contar tamén con poetas de fóra da Península Ibérica (Galicia Hoxe, 02-02-2012).
Literatura fantástica.
Diana Mandiá achñegase á actualidade do tema en “A idade adulta da fantasía”, El País, 09-02-2012.
Rexina Vega. Foto: Lalo R. Villar/El País.
Rexina Vega, Dark butterfly:
Entrevista con Óscar Iglesias na que fala desta nova obra.
Esta novela é unha catarse, precisaba escribila. Evidentemente é literatura, pero tamén hai elementos biográficos moi fortes. Sei do que falo cando enfío o tema da loucura. A miña irmá morreu como morre a protagonista, o resto pode ser ficción (El País, 09-02-2012).
Poesía. Presentación de novos libros de Olga Novo, Pilar Pallarés,  Marta Dacosta e Elías Portela:
Artigo de Montse González, “Versos corrente de lava”, El País 09-02-2012.
A Sociedade Verniana preséntase en Vigo:
El calendario de actividades se irá conformando con propuestas propias, pero también estarán abiertos a proposiciones ajenas y de todo tipo, no estrictamente literarias, ya que el universo de Verne alcanza múltiples posibilidades, desde el cine, la música, la navegación o la gastronomía y otras que irán surgiendo. De hecho, tras el acto, se fueron a degustar unas empanadillas de algas de la ría (La Voz de Galicia, 11-02-2012).
Iria Morgade. 
Foto: Fernando Blanco/ El Correo Gallego
Iria Morgade fala de Verbas no ar:
relata, precisamente, un cambio, unha mudanza global, desde unha suxestiva e efectiva estrutura fragmentaria, de voces que se axuntan e olladas que conflúen: un informático africano, unha xornalista desencantada, un home maior... (El Correo Gallego, 11-02-2012).
Imaxe:El Correo Gallego
Celso Emilio Ferreiro: edición bilingüe de Longa noite de pedra.
Longa noite de pedra saíu do prelo en 1962, sete anos despois d’O soño sulagado (1955), considerado o primeiro poemario independente de Celso Emilio en lingua galega. Apareceu na colección Salnés, unha sorte de sucursal lírica de Galaxia, na que confluían en labores de dirección o propio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Fernández del Riego. Á publicación do libro sucedeulle un recoñecemento unánime do público e da crítica e a inmediata conversión do seu autor en poeta de referencia no sistema literario galego. E non só (El Correo Gallego, 12-02-2012).
Luz Darriba, Mercedes Leobalde e Ana María Galego, premiadas co Ánxel Fole de narrativa curta:
O xurado do 14 certame de Narración Curta Ánxel Fole que organiza a Concellería de Cultura de Lugo reuniuse esta tarde e outorgou tres primeiros premios: Luz Darriba (residente en Bruxelas), polo relato Monstros; Mercedes Leobalde (de Carral), pola obra Fáltasme; e Ana María Galego (de Ferrol), por Neiges d’antan (La Voz de Galicia, 15-02-2012).
A noticia en Galicia Hoxe (16-02-2012):
O xurado estivo integrado polos escritores lucenses Marica Campo, Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba, que se reuniron ás 17.00 horas no consistorio para deliberar. Destacaron a gran calidade dos relatos e o notable éxito de participación, pois concorreron un total de 59 traballos.

3.2.12

Noticias de literatura-118. Xaneiro 2012

Imaxe: Alvarellos editora.
Gonzalo López Abente, presentación de Bretemada na RAG:
'Bretemada' unha obra inédita de Gonzalo López Abente que estaba depositada na institución e que foi recuperada pola Fundación Gonzalo López Abente por proposta do escritor Miro Villar (Galicia Hoxe, 19-01-2012).
A introdución e o estudo de Bretemada estiveron a cargo de Miro Villar. Entrevista en La Voz de Galicia, 19-01-2012.
“Presentan Bretemada como un ‘enorme poema épico de Galicia’” (La Voz de Galicia, 21-01-2012).
A praia dos afogados (Domingo Villar), ó cine:
Si los planes no se tuercen, antes de que remate el año Domingo Villar tendrá la oportunidad de ver en acción y en carne y hueso (en la gran pantalla, eso sí) a Leo Caldas, su inspector favorito (La Voz de Galicia, 19-01-2012).
José Luis Sampedro distinguido pola AELG como Escritor Galego Universal:
con esta mención, "destaca a alta calidade da obra literaria" do galardoado que, como indicou, é "lúcido, profunda, radical e transgresora" e está "impregnada do insubornable compromiso ético do escritor". Segundo sinalou a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a "relación" de José Luis Sampedro con Galicia comezou nos anos 70, a través da Agrupación Cultural Lóstrego de Madrid, da que o galardoado foi presidente de honra e coa que colaborou economicamente c­unha mensualidade do seu soldo de Senador por designación real nas primeiras cortes democráticas (El Correo Gallego,21-01-2012).
Noticia en La Voz de Galicia (21-01-2012):
O dobre compromiso de José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) co rigor literario e a esixencia ética é o motivo do seu recoñecemento como escritor galego universal, unha distinción que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Agustín Fernández Paz presenta Fantasmas de luz:
Fantasmas de luz é unha suxestiva narración que dialoga en múltiples aspectos co conxunto da produción literaria do escritor vilalbés, á vez que evidencia as nefastas consecuencias do capitalismo desde a caída do muro de Berlín (El Correo Gallego, 24-01-2012).
Teresa Moure, Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.
Artigo de Montse González sobre a obra de Teresa Moure: “Liberar a palabra”, Luces, El País, 19-01-2012.
Paul Auster.  Foto: Galicia Hoxe.
Paul Auster, Diario de inverno (Galaxia):
Segundo explica Galaxia, a novela do autor da 'triloxía de Nova York', encaixa á perfección no que a crítica denomina "autoficción", de forma que o autor se converte a si mesmo en personaxe da obra, como fixo con anterioridade noutros traballos (Galicia Hoxe, 30-01-2012).
Catálogo de Auster en Galaxia:
O selo galego incorporou a Auster aos seus autores no 2006 coa publicación de Brooklyn Follies, á que seguirían Viaxes no scriptorium, o guión A vida interior de Martin Frost, Un home na escuridade, Invisible e Sunset Park (La Voz de Galicia, 02-02-2012).
Véxase tamén o artigo de Cesar Casal, “O inverno luminoso de Paul Auster”, La Voz de Galicia, 02-02-2012.

1.2.12

Morte no Nilo (de François Rivière / Solidor). Actividades (1)

Imaxe: Morte no Nilo. El Patito Editorial, pp. 26-7.
Da novela de Agatha Christie Morte no Nilo, adaptada para banda deseñada por François Rivère e Solidor, collemos as páxinas 26 e 27 para propor as seguintes

ACTIVIDADES
  1. Formamos grupos de catro membros, tantos como personaxes ós que lles furamos os globos.Cada equipo reparte os papeis para representar a Poirot (globos 1, 2, 4, 6, 8, 11, 13, 15, 16, 19, 21, 22, 24, 26), o médico (globos 2, 7, 9), o coronel inglés (globos 5, 10, 12) e a señorita Jacqueline (globos 14, 17, 18, 20, 23, 25, 27).[Tempo dedicado: 15 minutos.]
  2. Cada actor debe pórlle voz ó seu personaxe. Pero antes, todo o grupo debe pórse de acordo na historia xeral, baseándose na expresión dos personaxes e no que suxiran as escenas debuxadas. Obviamente, non sairá a historia orixinal, pero o resultado ten que ser verosímil. [Tempo: 3-4 minutos.]
  3. Gravaranse os diálogos para audición e comentarios posteriores na aula.
  4. Os grupos que fagan de oíntes redactarán o argumento tirado dos diálogos dos compañeiros. [Tempo . 5 minutos.]