Hoxe (19-04-2013) visitounos o escritor Diego Ameixeiras. Foi recibido polo director do centro e presentado por un grupo de lectores. Falounos de cine e novela negra.
Comezou cunhas breves notas autobiográficas para explicar como chegou ao oficio de escritor e ao seu traballo actual de guionista de cine e televisión. Salientou na adquisición do oficio o esforzo e a superación, e sinalou a afección polo cine como fonte de recursos técnicos para mellorar a narrativa.
Fixo un percorrido panorámico pola súa novelística. Salientamos a creación do detective Dopico.

Diego Ameixeiras caracteriza o escritor -ou o guionista- como o encargado de poñer a imaxinación para darlle corpo a aquelas historias que vemos no cine ou na televisión. Confesou o seu interese polo mundo do crime e a delincuencia como material para contar historias. Recoñece que trata literariamente historias duras, mesmo vidas problemáticas.
A novela negra que gusta de escribir -e en xeral a novela negra dos últimos anos- fala de xentes que non son grandes investigadores nin detectives; fala de xentes con matices, isto é, persoas que son boas e malas á vez.Salientou especialmente o mundo dos sentimentos. O escritor e o cineasta transmiten a idea de que o lector ou o espectador non son persoas illadas no mundo, senón que hai outras xentes que viven sentimentos semellantes. O que fai un escritor é verbalizar eses sentimentos, pórlles palabras. Deste xeito, unha novela ou unha película convértense nun bálsamo para quen as goce.
Ningún comentario:
Publicar un comentario