Para club de lectura da novela Coma unha áncora, de Iria Collazo López.
Deixo este cuestionario coa intención de que poida servir de guía para un coloquio sobre a obra.
CUESTIONARIO
Deixo este cuestionario coa intención de que poida servir de guía para un coloquio sobre a obra.
CUESTIONARIO
- Iria Collazo avisa nun dos paratextos iniciais que un tráxico naufraxio é o xerme da novela. Poñede en común o que saibades desa traxedia.
- Comentade o xogo que, dende o punto de vista literario, poden dar o nome real do barco e o nome que figura na novela.
- Ademais do naufraxio, ¿que outros feitos históricos están presentes na novela?
- Na obra aparecen dous mundos. Para entedérmonos imos chamarlles mundo real e mundo de ultratumba. ¿Que elementos serven de pasadizo entre ambos os dous mundos? ¿Está ben lograda a conexión entre eles?
- O sentido do título da novela explícao unha personaxe. Comentade este aspecto.
- Segundo a novela, ¿por que é importante ter un corpo para enterrar?
- Despois da lectura da novela, ¿poderiamos falar de náufragos de mar e náufragos de terra?
- ¿Que personaxe da novela pode ser o paradigma das vítimas dun xenocidio?
- Aínda que na novela non se fala da miseria con palabras directas, a autora válese de varios recursos para poñela ante os ollos de quen a lea. Citade e comentade algúns deses recursos.
- ¿Tócase na novela o tema da emigración?
- Comentade como era a situación escolar botando man dos datos que se nos dan na novela.
- ¿Podemos imaxinar a situación política do momento coa lectura desta novela?
- ¿Que imaxe da infancia e da adolescencia se desprende da lectura desta obra?
- Dende o punto de vista dunha lectura crítica literaria, ¿podería dicirse que lle falta ou lle sobra algo a esta novela?
- ¿Que uso se lles dá no relato aos elementos lendarios ou misteriosos?
- Observando os personaxes da novela, ¿como se podería cualificar a súa actitude vital? ¿Resignada? ¿Estoica? ¿Optimista? Admítense propostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario