A liberdade dos nosos soños non debe renderse á lóxica do teatro.
As pantasmas dos seus soños non deben fecharse nos límites da escena.
![]() |
Imaxe: Blog Edicións Xerais |
A sala convértese en escenario e, no escenario, a actriz actuará como espectadora ata o remate do espectáculo co apagado das luces no patio de butacas.
Os personaxes que forman o colectivo do público semellan vivir fóra de si mesmos. Soltan frases sobre as súas vivencias, frases que manifestan sistematicamente a frustración que os goberna e cargan sobre a actriz a responsabilidade de lles dar sentido ás súas vidas, que sexa a actriz quen apañe a pataca quente, que para iso pagaron entrada.
A actitude da actriz non acepta converterse nesa nai desaparecida do público e, con palabras máis diplomáticas, acaba por lles dicir que cadaquén se ature a si mesmo.
O público encárnano individuos sen personalidade, ridículos nas súas pretensións. A actriz non goza do pracer de actuar porque o espectáculo verdadeiro está na actuación do público, nel está o centro da acción.
- Páxina web de AveLina Pérez: http://www.avelinaperez.com/#
- Sobre "Ás oito da tarde, cando morren as nais", en contextoteatral.es: http://www.contextoteatral.es/asoitodatardecandomorrenasnais.html
- Ás oito da tarde, cando morren as nais, no blog de Edicións Xerais: https://blog.xerais.gal/2019/novidade-as-oito-da-tarde-cando-morren-as-nais-de-avelina-perez-un-canto-coral-sustentado-no-absoluto-baleiro/
- "Visión irónica do teatro", en erregueté. revista galega de teatro: https://erreguete.gal/2019/05/02/editadas-as-obras-ganadoras-dos-premios-rafael-dieste-manuel-maria/
- Héctor J. Porto: "Peter Handke, un escritor tan arriesgado como incómodo", La Voz de Galicia, 10-10-2019: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/10/10/peter-handke-escritor-arriesgado-incomodo/00031570709664675999901.htm
- Mónica Zas Marcos: "Cinco libros de Peter Handke [...]", eldiario.es, 10-10-2019: https://www.eldiario.es/cultura/libros/Libros-Handke-Nobel-carnicero-balcanes_0_951205390.html
- Daniel Salgado: "Os editores galegos do libro maldito de Peter Handke", Sermos Galiza, 15-10-2019: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/editores-galegos-do-libro-maldito-peter-handke/20191014172438085216.html
- Daniel Salgado: "Só un Peter Handke en galego", Sermos Galiza, 10-10-2019: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/so-peter-handke-galego/20191010171727085077.html
Avelina Pérez: Ás oito da tarde, cando morren as nais.Vigo, AGADIC / edicións Xerais, 2019. Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2018.
Personaxes: 3 mulleres e 3 homes, repartidos en dous grupos: público / actriz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario