É, de Manuel Outeiriño, estrutúrase en tres partes:
- “Na nube”
- “O falante ilírico”
- “É”
O poema que reproducimos estende o seu título ao poemario enteiro.
A palabra é un dos motivos principais desta obra. Preséntase como elemento configurador da esencia do individuo. Sen palabra non hai persoa: “Non falas, non: / poucos e mal autentes, / morren os contos”. Este poema ocupa a penúltima posición na obra, que remata coa outra cara da moeda: a “contrapalabra”.
Os feitos cotiáns, anódinos ou non, métense no devir do individuo, no seu ser e no seu estar (“Na escasula do tempo”, p. 99). O individuo é un elo na cadea do tempo que xa vén dos devanceiros.
En "É" son moi visibles dous importantes elementos simbólicos: a curuxa e o río. A primeira, dende tempos inmemoriais, representa a sabedoría; mais entre nós tamén se toma como premonición da morte. O río, neste caso o feito de cruzalo, pode facernos pensar na superación dunha dificultade; pero tamén é unha referencia á purificación (o bautismo, por exemplo), malia que aquí se considere "ritual parvo".

Fálase do poemario en
- Manuel Outeiriño, É. Ficha do libro na páxina da editorial.
- Manuel Outeiriño. Ficha do autor na páxina da Editorial Galaxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario