"O escenario é unha gaiola de hámster" perfectamente equipada para que o inquilino non bote nada en falta. Nin sequera a liberdade.
Nesa gaiola, os humanos meten un esquío lixeiramente prexudicado (brazo en estribeira, cabeza vendada). O esquío teima por fuxir: fáltalle aire. O hámster, acomodado, teima por quedar na súa casa ben provista e segura en compaña do novo inquilino.
Despois de moitas requinaternas e fugas frustradas acaban por chegar a un entendemento cordial e a un final que promete un futuro feliz.
______________________________
Carmen Blanco, A fuga. A Coruña, Edicións Embora, 2013.
Personaxes: 2 (esquío e hámster).
Ningún comentario:
Publicar un comentario