31.12.11

Noticias de literatura-116. Decembro 2011

Xosé Daniel Costas Currás gaña o Caixanova de poesía con Monicreques:
O xurado (...) quixo destacar «a aposta arriscada por unha estrutura autenticamente novidosa, a teatralidade da mesma, un ritmo e unha musicalidade singulares e unha plasticidade que vai máis alá das imaxes e cromías para construír un mundo poético e pletórico de modernidade, que non por iso deixa de lado a tradición» (La Voz de Galicia, 16-12-2011).
A noticia do premio de poesía de Novacaixagalicia en El País, 16-12-2011).
Imaxe: BDteca.
Lois Pereiro, análise da súa obra:
Queixas suxeriu «abrir o canon da literatura galega porque parece que está predeterminado e non sempre con criterios entendibles desde o punto de vista docente». Sinalou a necesidade de «integrar a Lois desde a lectura e non desde a teorización e aproveitar a súa obra, para demostrar que a literatura galega tamén é moderna e próxima ao lector» (La Voz de Galicia, 17-12-2011).
Ernesto Guerra da Cal, centenario e interese da súa obra:
Desde sus primeros poemarios, Lua de alén mar y Rio de sonho e tempo (1959 y 1963, ambos en Galaxia), Da Cal ha interesado a la crítica internacional. El gallego del ferrolano, próximo al portugués, suscitó elogios de especialistas en Estados Unidos, Brasil, Puerto Rico, México, Portugal, Francia, Italia, Inglaterra o Checoslovaquia, e importante eco en España y entre el galleguismo. Dedicó estudios de referencia a las literaturas gallega, española, portuguesa, brasileña, hispanoamericana y medieval, y a metodología de investigación literaria (La Voz de Galicia, 19-12-2011).
Isaac Rubín e Rafa Vilar gañan os premios de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e Arume:
Os escritores Isaac Xubín e Rafa Vilar recibiron este domingo, respectivamente, os premios de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e Arume, polas súas obras 'Con gume folla húmida' e 'Patente de corso' (Galicia Hoxe, 18-12-2011).
Agustín Fernández Paz presenta Fantasmas de luz:
-Mesturo un contexto realista cun elemento fantástico. Neste caso é que o matrimonio protagonista, tras quedar os dous no paro, comezan a volverse transparentes. Están aí pero o mundo non os ve. Ese é un dos grandes perigos desta crises, que hai xente que desaparece (La Voz de Galicia, 20-12-2011).
Noticia da presentación de Fantasmas de luz (El País, 20-12-2011):
"Lo puedo explicar así a posteriori, porque el proceso de escritura es un poco irracional", explicaba ayer en Santiago durante la presentación, "pero este libro consiste en una crítica de las desfeitas causadas por el capitalismo desde la caída del Muro de Berlín".
Noticia de Fantasmas de luz en El correo Gallego (20-12-2011).
Hugin e Munin, nova editora especializada en traducións:
"A diferencia de otros sellos, Hugin e Munin se plantea más como un club de lectura. Aunque habrá un punto de venta en cada una de las siete ciudades y se podrán adquirir títulos sueltos en la web, la base serán los suscriptores (El País, 21-12-2011).
Centenario de Álvaro Cunqueiro:

Castelao, ben de interese cultural:
Froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e a Fundación Castelao, asinado en 2008, elaborouse un catálogo de toda a obra artística de Castelao, dispersa en distintos lugares, que se recolle nunha base de datos dixital con máis de 3.000 rexistros (Galicia Hoxe, 23-12-2011).
Foto: Sandra Alonso/La Voz de Galicia
Teresa Moure gaña o Ramón Piñeiro de ensaio coa súa obra Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións:
O ensaio premiado, que será publicado polo Editorial Galaxia o próximo ano, realiza unha aproximación á literatura galega desde a teoría «Queer», a través dunha reflexión que transcende o literario e ten un claro potencial para incidir no debate social en Galicia, asegura a editorial. Na obra tamén se tratan os usos inclusivos da linguaxe e cuéstionase a utilidade de formas como «Boas tardes a todos e a todas», coas que, segundo a nota de prensa, baléirase o potencial transformador do feminismo (La Voz de Galicia, 28-12-2011).
Noticia no Galicia Hoxe (28-12-2011).
“Teresa Moure gana el premio...”, El Correo Gallego, 28-12-2011.
Teresa Moure gana el premio Ramón Piñeiro...”, El País, 29-12-2011.
Celso Emilio Ferreiro, poemas inéditos:
Que a obra de Celso Emilio segue a dar sorpresas exemplifícao o achado de inéditos, como os que publica hoxe este xornal, Mozo e O atraco. O primeiro é totalmente inédito e está na liña de Prá mocidade (en Viaxe ao país dos ananos) e O revolucionario (en Cimenterio privado). Ramón Nicolás dátao a comezos da década dos setenta (La Voz de Galicia, 29-12-2011).
Véxase tamén no mesmo xornal o artigo “Luz do canto contra a sombra”, onde Luís Tosar fai lembranza de Celso Emilio Ferreiro.
Imaxe: Xoán Carlos Gil/La Voz de Galicia
Carmen Kruckenberg publica Jazz espido:
Este Jazz espido es la continuidad del que publicó en 1999 (Edicións do Castro) dedicado a los hombres del jazz, una música por la que siente debilidad. Están todos los grandes: Louis Amstrong, Miles Davis, Ray Charles, Albert Collins, Lionel Hampton, Duke Elington...
Faltaban ellas, que ahora también están: Aretha Franklin, Billie Holliday, Ella Fitzgerald, Peggy Lee, Ma Rainey, Nina Simone... Un desnudo ilustra cada uno de los poemas. En ese apartado ha contado Carmen con la colaboración de Eva Llorens y Puri del Palacio. La primera firmo los dibujos de la edición de 1999, y la segunda firma los de esta (La Voz de Galicia, 30-12-2011).

Ningún comentario: