Vítor Vaqueiro, Mitoloxía de Galiza:
un libro que amplía considerablemente a Guía da Galiza máxica que aparecera en 1998 e que se presenta agora en forma de dicionario (La Voz de Galicia, 2-11-2011).
Miguel Sande ó teatro:
A compañía galega Bengala Produccións, dirixida por Xosé M. Rabón, estreará o vindeiro venres e sábado, días 4 e 5, no Teatro Jofre, de Ferrol, a obra 39 veces chao (se algún día esta muller morta), baseada na novela do escritor e xornalista Miguel Sande e que recolle o testemuño real dunha muller maltratada (La Voz de Galicia, 2-11-2011).
Imaxe: Galicia Hoxe. |
Suso de Toro, un cuarto de século de Polaroid:
Foron tamén intrépidas aqueles ensinantes que se atreveron a introducir entón nas aulas un libro así e que lles creou problemas en varias ocasións. Desde aquela ten mudado a cultura social e a través da televisión e da internet os rapaces medran co coñecemento dun nivel de violencia e de brutalidade na linguaxe que daquela era impensábel fóra dun libro adulto e minoritario, naqueles anos aqueles anos un libro así nunha aula era unha brasa nas mans. E, con todo, déronllo a ler aos seus alumnos adolescentes, había ser interesante lembrar os motivos daquela elección literaria. Pode que fose porque achasen nel méritos expresivos e pode que fose tamén porque encontrasen alí cousas que lles resultasen novas e que considerasen útiles para o seu alumnado (Galicia Hoxe, 7-11-2011).Véxase tamén o artigo de Xesús González Gómez “No tempo da literatura Roger Rabbit”, Luzes, El País, 11-11-2011:
Polaroid goza dunha prosa natural, de sintaxe simple e períodos curtos, cunha gran capacidade de recreación dos tics de comportamentos, de rexistros non estritamente literarios e de actitudes intranscendentes do individuo, que sabe reflectir no papel. Era un texto fundador non só por dar fe de clases sociais que até entón apareceran na narrativa galega de maneira marxinal, senón tamén porque unha serie de narradores novos se basearán nel, citándoo ou non, recoñecendo ou non a súa influencia. Velaquí os maiores logros da novela: a creación dunha linguaxe (que nada ten a ver coa chamada "riqueza lingüística") e, sobre todo, dunha dinámica narrativa.
Ramón Nicolás prepara unha biografía sobre Celso Emilio Ferreiro:
levo case dúas décadas transitando pola obra literaria que Celso Emilio deixou e por algúns capítulos da súa vida ata que se deron unhas circunstancias que propiciaron internarme no seu perfil máis persoal, fundamentalmente porque un dos nosos autores máis relevantes carecía aínda dunha biografía integral que xuntase o periplo vital e a súa proxección literaria e política. As dificultades foron as habituais: recadar información, édita e inédita, interpretar documentos, esculcar nas cartas conservadas ou entrevistar as persoas que tivesen algo substancial que dicir sobre o autor (entrevista con Camilo Franco en La Voz de Galicia, 7-11-2011).
Domingo Villar seleccionado por Ollos de auga para un premio en Suecia:
«Ojos de agua», de la que ya se editaron 16 ediciones, es la primera de las novelas protagonizadas por Leo Caldas, el solitario inspector de policía que compagina su trabajo en la comisaría con un programa radiofónico (La Voz de Galicia, 7-11-2011).
Foto: Ramón Leiro/La Voz de Galicia. |
Manuel Lourenzo González gaña o Blanco Amor de novela con ATL:
O xurado destacou «a coherencia do universo literario empregado» polo escritor na novela ATL e subliñou tamén que «ou mundo futuro non que se desenvolve resulta sólido e sen estridencias». «E, ao mesmo tempo ATL ocupar dous problemas de identidade e ou sentido dá vida, que son manexados de maneira eficaz» (La Voz de Galicia, 18-11-2011).Noticia da concesión do premio a Manuel Lourenzo no Galicia Hoxe, 18-11-2011):
Autor polifacético, cultiva a narrativa de adultos, aínda que el mesmo indica que se sinte especialmente cómodo como creador de literatura xuvenil e de contos para cativos. Tamén ten varios libros de teatro e de ensaio no ámbito da didáctica da lingua, así como libros de texto. Obtivo varios premios coma o Xerais de Novela, Pedrón de Ouro, Carvalho Calero, Café Dublín, García Barros, Narrativas quentes e Merlín en narrativa; O Facho e Estornela en teatro e máis recentemente o Premio de Literatura Infantil Barco de Vapor. Agora, ese listado vén agrandarse cos este Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.María Conde entrevista a Manuel Lourenzo (La Voz de Galicia, 24-11-2011).
Xosé Manuel Sánchez Rei publica Lingua galega e variación dialectal (Laiovento):
Todas as linguas varían. Tamén no tempo, segundo o contexto ou como reflexo da estratificación social, da diversidade étnico-cultural ou das diferenzas de xénero ou idade, sinala Sánchez Rei no libro. Non hai dous falantes iguais. Nin a variación se atopa en perigo de extinción (Luzes, El País, 18-11-2011).
María Canosa publica A tartaruga de Martiño:
Canosa apunta que está destinado «a todos os prelectores, desde os cero anos». «É para que se lles lea aos cativos. Ademais ten ou seu sentido didáctico, porque axuda a que os nenos aprendan a durmir sós non seu cuarto». Os protagonistas son Martiño, un pequerrecho que vive non mundo dous seus soños, e unha tartaruga que se chama Helena (La Voz de Galicia, 19-11-2011).
Maite Carranza, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Palabras envelenadas:
A obra, que recibiu anteriormente o Premio Edebé de Literatura Xuvenil; o Templo das Mil Portas, outorgado por novas escritores; o Whihe Raven de Bolonia e o da Crítica Serra d'Or de Cataluña, narra en clave de thriller o caso dunha moza desaparecida, Bárbara Molina, secuestrada nun zulo durante catro anos e á que dan por morta. Xunto a Bárbara, que é a única que ten a clave do misterio, polo libro aparecen tres personaxes próximos á protagonista, a súa nai, a súa amiga e un policía, que intentan facer encaixar as pezas do crebacabezas (La Voz de Galicia, 19-11-2011).A noticia en laopinioncoruna.es.
Foto: Xurxo Lobato. El País. |
Manuel Lourenzo nun artigo de Santiago Fernández (“Manuel Lourenzo, el teatro de la vida”:
Actor versátil, dramaturgo espléndido, escenógrafo, traductor, maestro... Su magisterio no es el del que aplica con didáctica eficaz una serie de conocimientos; sus enseñanzas llevan el sello indeleble de los clásicos; dejan huella. Este hombre de Ferreira do Valadouro, cuando dicta sus magisterios, incorpora el sello de lo original con un profundo sentido práctico, rechaza lo superficial, el adorno baladí, que tanto se estila en estos días (El País, 20-11-2011).
Tucho Calvo reedita Valentín Paz-Andrade. A memoria do século XX:
creo que o acerto de dedicarlle o Día das Letras Galegas está en que se homenaxea a un personaxe que é admirable por moitos sectores. Non destacaba só nun determinado ámbito cultural, senón que é o home no que pode verse reflectida a mellor sociedade galega. Desde os avogados, os empresarios máis emprendedores, aqueles que ven Galicia situada no mundo... Tamén é o político que loitou permanentemente polo país (La Voz de Galicia, 26-11-2011).
Francisco Fernández del Riego, primeiro cabodano:
A frutífera vida de Francisco Fernández del Riego apagouse a tarde do venres 26 de novembro do 2010. Hoxe hai un ano que a cultura galega perdeu ao seu patriarca das letras, un home entregado sen fisuras á causa da cultura galega dende ben mozo, ata que as forzas lle fallaron aos 97 anos e a parca o atopou prostrado na súa casa da viguesa praza de Compostela, cidade na que residiu na meirande parte da súa vida (La Voz de Galicia, 26-11-2011).En Faro de Vigo (26-11-2011,) Javier Mosquera destaca:
Recordar a don Paco del Riego es evocar una vida "que se alimenta de una pasión y una fidelidad inquebrantable a Galicia y a su cultura", como se pone de manifiesto en su segundo y último libro de memorias, "Camiño andado" que publicó rebasada ya la frontera de los noventa años y que venía a completar lo narrado en "O Río do tempo".En Luces, El País, 26-11-2011, Henrique Monteagudo bota unha ollada á inmensa figura de don Paco (“Del Riego, rebeldía contra o malfado”):
Co seu exemplo de lealdade temesiña ao ideal dunha cultura galega rica e moderna nunha Galicia autogobernada, de resistencia incoercible nos transos máis difíciles da nosa historia recente, de xenerosidade, bonhomía e amplitude de miras, Del Riego déixanos un legado especialmente valioso para afrontarmos a dura singradura que temos por diante.
Por estas datas cumpren anos:
- Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, bicentenario: “A Academia mantén viva a súa memoria e volverá lembrar ao autor de Alborada” (La Voz de Galicia, 27-11-2011).
- Álvaro Cunqueiro, centenario: para celebralo nin faltan as achegas culinarias. Tamén vai polo último chanzo a mostra No niño novo do vento.
María Xosé Queizán galardoada polo Centro PEN Galicia:
«Pola súa traxectoria independente e firme, tanto na defensa da liberdade de expresión coma na dos dereitos das mulleres desde a década dos sesenta ata a actualidade» (La Voz de Galicia, 27-11-2011).Noticia da concesión deste galardón en El Correo Gallego (27-11-2011): “Queizán ou a liberdade como único leitmotiv”.
Foto: La Voz de Galicia. |
Adelaida Vidal gaña o Premio Risco de Literatura con Olladas:
Olladas foi cualificada polo xurado como «unha novela na que cómpre salientar un relato minimalista, cheo de realismo e frescura narrativa. Con personaxes moi contemporáneos que apostan polos soños. A trama está sostida por un narrador omnisciente que ¿todo o sabe?, e no entanto non emite xuízos de valor, deixando que os personaxes teñan autonomía e identidade propias» (La Voz de Galicia, 27-11-2011).
Ningún comentario:
Publicar un comentario