Xaquín Marín preséntanos n’ O lecer de Isolino unha escolma de viñetas do popular vello que vemos (e que nos ve) a cotío en La Voz de Galicia. Comeza cun prólogo dialogado de Antón Cortizas polo que o lector se decata que Xaquín Marín e Isolino non son a mesma persoa, por máis que sexan interdependentes. Segue unha carta de presentación filosófica: “Penso, logo existo”, di o señor Isolino, mentres o debuxante se autorretrata coa mente en negro. Detrás desta presentación veñen un par de centos de viñetas agrupadas tematicamente: Vida, paixón e morte; No medio ambiente que nos queda; A voltas coa lingua e outras peculiaridades; A estas alturas, sexo; Vellos problemas, problemas vellos; Festas de gardar (na memoria); Xente, xentiña, xentalla e ata bichos; Reflexións; Política versus traballo; E os que quedan.
Isolino é un ser pensante, e cando non pensa anda a procura de algo en que pensar. Así llo espeta á súa pacienzuda muller cando lle pregunta se o ve ensimesmado. Non hai tema humano nin divino que escape á reflexión sintetizadora de Isolino: a súa propia razón de ser insuperablemente hamletiana, a saúde, a morte, a conservación da natureza, o tempo, a contaminación, as enerxías alternativas, a economía, o cambio climático, o consumismo, a globalización, o conflito lingüístico, a pensión, a política e os políticos, a comida, o racismo, a educación e a sabedoría, as desigualdades sociais, a liberdade de expresión... Todo un elenco temático que se ve perfectamente exposto no taboleiro do Bartolo. E todo isto elaborado con dúas ferramentas básicas: o bastón e un banco.
En definitiva, o señor Isolino decátase, coma todo ser humano, de que ten máis pasado ca futuro, dúas boas razóns para agarrarse ó presente.

Sitiografía
- La Voz de Galicia dá noticia da presentación da obra.
- Entrevista con Xaquín Marín no mesmo periódico.
- Breve recensión da obra e ficha de Xaquín Marín no páxina do Consello da Cultura.
- Apuntamentos sobre Isolino na páxina de Radiofusion.eu.
Xaquín Marín, O lecer de Isolino, A Coruña, Embora, 2008.
Ningún comentario:
Publicar un comentario