"Para aprender palabras novas chega con repetilas 160 veces. Chega con 14 minutos de esforzo para que o noso cerebro xa nos distinga os vocábulos novos dos vellos.A noticia atopámola no xornal Corriere della sera (15-12-2010). Como método de enriquecemento de léxico semella abondo aburrido, pero aí deixo a ligazón do artigo coa descrición do experimento. Por probar...
O dito repetita iuvant vale tamén cando se aprende unha lingua nova: para deprender unha palabra descoñecida abonda con repetila 160 veces. Descubrírono os investigadores da universidade de Cambridge, segundo os cales son suficientes 14 minutos de esforzo para que o cerebro xa non dea distinguido os vocábulos novos dos antigos".
15.12.10
Aprender palabras novas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario