un berro contra a renuncia de moitos galegos á súa propia identidade e de certos partidos políticos "de esquerda e de dereita" á ideoloxía, nunha democracia ao ver do poeta só formal que atropela dereitos básicos dos cidadáns e pretende manter a periferia subordinada aos ditados do Estado (Galicia Hoxe, 24-4-10).
Luís García Mañá presenta O berro de Ipiranga:ofrece una nueva entrega de su serie dedicada a la narrativa policial protagonizada por el detective decimonónico Nemesio Castro en el Brasil marcado por la esclavitud (La Voz de Galicia, 24-4-10).
No Xornal de Galicia (24-4-10) achégasenos unha primeira análise desta novela de García Mañá:
Con este argumento, García Mañá completa unha triloxía ao redor de Nemesio Castro. A saga –que iniciou con O lume de de Santo Antón e que continuou con Menino morreu– pon así punto e final con este volume, que o comisario xefe da Policía en Galicia presentou onte na Fundación Pedro Barrié de la Maza da Coruña. O grito do Ipiranga convértese deste modo na novela máis lograda da serie centrada nas andainas deste “predetective” decimonónico, considerada unha das pezas máis orixinais da nosa narrativa policial.
Marcos Calveiro presenta Settecento:
novela histórica na que un Vivaldi en plena decadencia busca unha nova faísca que esperte os éxitos colleitados no pasado. Pese ao papel de fío condutor que Calveiro lle outorga ao compositor, a obra é unha peza coral na que Venecia, Compostela ou Viena son tamén personaxes centrais do argumento (Xornal de Galicia, 3-5-10).
Ningún comentario:
Publicar un comentario