Coordina a obra o veterano Xaquín Marín e na relación de colaboradores atopamos uns corenta nomes, todos moi coñecidos, que non imos enumerar agora. Os traballos desta homenaxe preséntanse a dobre páxina: na dereita, a viñeta; na esquerda, unha breve ficha bioblibiográfica do artista que participa na homenaxe.
O conxunto dos "monos" dános unha visión do campo dende diversas ópticas: a simbólica (Rubín, Seijas, Cráneo), a técnica, a urbanita (co seu concepto idílico ou turístico do rural) ou a vivencial.
Tamen nos permiten as viñetas facer unha boa relación dos problemas que afectan ó rural: especulación urbanística, crise económica, empresas enerxéticas, o minifundio (retratado na lingua: Carrabouxo, Fausto), crise do leite, mecanización, despoboación, incendios, transxénicos, informatización e novas tecnoloxías, política...
Destacan como valores inmutables a calidade dos produtos (Dávila) e o valor educativo da vida rural (Quesada).
Sobre os personaxes teño que recoñecer a miña debilidade por Floreano e a súa gorra (Gogue). Na obra atopamos a este pasatista da vida preocupado, coma sempre, polos problemas de fondo. Aquí recoméndanos regar con viño para aforrar a auga, "que é un ben escaso".
Falaron do libro:
- La Región (26-11-2008), que salienta o propósito de pór en situación de cultivo as terras abandonadas.
- El Correo Gallego (27-11-2008).
- A voz de Vilalba.
- Culturagalega.org: "O agro cun sorriso". A páxina ofrécenos unha ampla galería de imaxes.
Xaquín Marín (coord.), Sorrisos e boa colleita, Bantegal, 2008.
Imaxes de culturagalega.org
1 comentario:
Queriamos informaros da convocatoria do Certamen Internacional EducaRed.
Tedes toda a información na web http://www.educared.org/certameninternacional
Pódese participar creando blogs, webs e wikis. Os docentes tambén poden participar en solitario, con Experiencias Didácticas relacionadas co uso das TIC.
O prazo de inscripción remata o 16 de abril.
Saúdos cordiais,
Oficina do Certamen Internacional EducaRed
Correo electrónico: certamen@educared.org
Teléfono: 902.905.144
+34.981.975.621
Publicar un comentario