conversa con Manuel Villar Villaverde: "O mito de que Galicia é unha cultura subvencionada está aínda aí, coma o dinosauro de Monterroso". Marcos Calveiro acaba de gañar o Premio Lazarillo 2009.
Xabier Rodríguez Baixeras
gaña o Caixanova de Poesía con Deserto diamantino. Segundo Galicia Hoxe (18-12-09):
gaña o Caixanova de Poesía con Deserto diamantino. Segundo Galicia Hoxe (18-12-09):
Dividido en cinco partes -a terra nova brasileira, a lingua, o amor, a vellez e a morte-, o novo poemario de Baixeras, como el mesmo recoñece, naceu dunha vontade inéquivoca: "Quixen escribir un libro da miña idade".
B. R. Sotelino fai unha achega á figura e á obra de Xavier Baixeras en La Voz de Galicia (18-12-09).Paul Auster
Galaxia publica Invisible: Auster "introduce o seu protagonista, un estudante universitario con vocación de poeta, nun perverso triángulo amoroso que o vai involucrar nun acto violento que alterará o curso da súa vida" (Galicia Hoxe, 19-12-09).
Na entrega do Premio Leteo, Paul Auster manifesta:
Sobre este asunto, Paul Auster explicou que está máis cómodo contando así [con múltiples narradores] as historias, porque obtén un resultado máis plural, e recoñeceu que antes usaba unicamente un só narrador porque “igual non estaba preparado” para o maior esforzo literario que supón centrarse en voces múltiples (Xornal de Galicia, 29-12-09).
Carlos Mella
fala con Alberto Ramos no Xornal de Galicia sobre Memorias dun ninguén, autobiografía na que vai debullando, con ironía, a vida que lle tocou vivir:
En canto á ironía, penso que todos deberiamos usala de forma cotiá. É un xeito de ver as cousas dende lonxe. Se a ironía non é ferinte, non cae no sarcasmo, é un simple xeito de ver a vida, máis suave, máis certeiro. O contrario da ironía son cousas como o dogma, o imperativo ou a seguridade. Un pouco de ironía é preguizar para non arrebatarse nas cousas e nos feitos. É contemplar a vida dende unha determinada postura.
Juan Tallóngaña o Modesto Figueiredo co relato Era el. Aposta pola "identidade e cultura":
Esta cita coa literatura contemporánea en galego pretende converterse nun trampolín para os escritores que utilizan a lingua propia ao tempo que se loita "contra estes novos séculos escuros", segundo as verbas da mantedora do acto de onte, Iria Torreiro Rodríguez (Galicia Hoxe, 27-12-09).
Chus Pato
autora de Secesión (Galaxia), elixido pola Revista das Letras como o mellor de 2009:
O libro de Chus Pato, publicado por Galaxia, naceu como un proxecto de memorias que a escritora converteu -segundo as súas palabras- "nun autorretrato". Trátase, porén, non dun atorretato seu "senón da miña escrita" (Galicia Hoxe, 23-12-09).
Manuel Forcadela
publica Sete leccións de poesía (Espiral Maior):
"O poema galego (...) foi deixando as marcas dunha sociedade en crise, dunha sociedade incapacitada para decidir o seu destino, mesmo para asegurar a súa supervivencia, en loita por ser centro e non periferia, escenario e non sombra, aproveitando da súa lucidez ou puro gozo da súa alucinación, á procura, entre Apolo e Dionisos, da súa propia dignidade" (Galicia Hoxe, 24-12-09).
Manuel Lourenzo e Rubén Ruibal
falan de teatro. E Xosé Monteagudo conversa con Manuel Vidal Villaverde sobre lingua e literatura:
Ramón Cabanillas
péchase o ano dedicado ó poeta cambadés coa presentación de Roteiros pola poesía de Ramón Cabanillas:
Ramón Cabanillas foi construíndo unha lingua galega supradialectal e elegante á que lle deu "estado de eternidade", coma ninguén antes ca el lle dera; unha lingua onde está moi presente a morfoloxía e un bo quiñón léxico que recolleu da xente labrega e mariñeira do rumoroso val do Salnés e do seu tan amado Cambados natal (Galicia Hoxe, 29-12-09).
Galaxia publica a correspondencia entre Ramón Piñeiro e Franco Grande:Cando o futuro comezaba (Galaxia, 2009) é o titulo que agrupa as cartas cruzadas entre Ramón Piñeiro e Xosé Luis Franco Grande ao longo de trinta e cinco anos de amizade. Pero é, sobre todo, a intrahistoria incidental dunha xeración, aquela que o propio Franco Grande retratou no seu libro-espello, Os Anos Escuros, e que, coma un rosario de nomes propios e títulos literarios, emerxe no papel desta conversa por etapas, que se iniciou en 1955 e que rematou co pasamento de Piñeiro en 1990 (Galicia Hoxe, 29-12-09).
Balances dun ano de libros:
- Premios da Edición 2009
- A cociña das letras galegas (J. Miguel Giráldez).
- Un ano dourado para a banda deseñada.