3.4.07

María Mariño a ritmo de bossa nova


Atopamos a noticia en La Voz de Galicia: "Editan un disco que musica a poesía da protagonista dás Letras Galegas
Vos poemas de María Mariño foron adaptados en clave de «bossa nova» por Eloi Caldeiro
Ou cedé estará acompañado dun deuvedé cun documental sobre a vida dá escritora
".

Sobre a figura e a obra de María Mariño Carou van saír nestes meses estudos interesantes. Os que teñades máis cobiza por saber podedes ir achegándovos a algún deles (non digo a todos para que non me tomedes por tolo de vez). A saber:
1. A editorial Galaxia, acaba de sacar unha biografía da man de Xerardo AgraFoxo. É un traballo documentado e moi agradable de ler. Aclara bastantes aspectos escuros da biografía da autora homenaxeada. Tamén deixa, supomos que adrede, outras incógnitas que tampouco non nos interesan moito ós que non somos ratos nin ratas de biblioteca.


2. Unha escolma moi representativa da obra de María Mariño é a de Patricia Arias Chachero (Galaxia).


3. Tedes a obra poética case que completa, cun excelente estudo introdutorio de Victoria Sanjurjo, editada por Xerais. (Había edición anterior).

4. Na mesma editorial acharedes a biografía e o estudo de Carmen Blanco.
E para empezar, abonda. Son todos traballos que olen a tinta fresca. Cando saiba de máis, ireivos informando. (Non pretendo que me fagades caso. Só escribo isto por se algún de vós pica.)
Aburiño e coidádevos.



Ningún comentario: