4.4.07

Falar galego é inxusto


Un dos síntomas de que unha lingua é anormal vese na constante aparición na prensa. Quero dicir, aparición na prensa como noticia. Se unha lingua non se emprega para comunicar noticias, tamén é un sinal de anormalidade, malia que pareza mentira.
A noticia da que falo aparece no Galicia Hoxe. E pon en boca dun xuíz un "lapsus" que alguén desa categoría non debería ter. Polo que se ve, a glotofaxia é mala de curar. Velaí a deixo, por se alguén a quere ler.
(¿Y esto, si cuadra, también entra en el tema de lingua y sociedade?
Se cadra, entra. E mentres tanto, que Deus nos afaste de xustizas, falen o idioma que falen.

Ningún comentario: