18.5.13

Roberto Vidal Bolaño. Achegas na rede-2. O día despois

O autor e a obra
Imaxe: Galicia Hoxe

Actividades do Día das Letras
Foto: El País

1.5.13

Noticias de literatura-136. Abril 2013

O principiño (Saint-Exupéry) cumpre 70 anos:
Imaxe: El Mundo

El éxito de la historia radica en su universalidad. Con una lengua atemporal, enseña a los adultos a ver el mundo con los ojos de un niño y a los pequeños a entender en mundo de los mayores. Además, es crítico con la falta de valores de la sociedad moderna y dibuja un entorno ideal en el que los hombres ven y actúan con el corazón (La Voz de Galicia, 06-04-2013).

Xurxo Chapela e Xosé Manuel García comparten libro:

O selo QueQueres vén de publicar un libro que ofrece unha obra diferente segundo se abra por un lado ou polo outro. Dunha banda, contén o poemario Primavera de navallas, de Xurxo Chapela; da outra, unha peza teatral: Solpor en Waterloo, de Xosé Manuel García (La Voz de Galicia, 06-04-2013).

Cunqueiro columnista (Galaxia):

Os artigos recompilados nesta obra abranguen dende as súas colaboracións en A Nosa Terra e Nós e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados en El Pueblo Gallego, ata os publicados na posguerra en revistas como Nordés e Grial (Galicia Hoxe, 12-04-2013).

Miguelanxo Prado, gañador no Salón del Cómic de Barcelona:
Imaxe: La Voz de Galicia


El Salón del Cómic de Barcelona ha vuelto a distinguir a Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) con el premio a la mejor obra de un autor nacional. El libro, Ardalén, es un proyecto ambicioso en el que el dibujante llevaba años trabajando, y en el que aborda las complejas relaciones entre la imaginación y la percepción real, los hechos tal como ocurrieron y, por otra parte, cómo se recuerdan (La Voz de Galicia, 14-04-2013).

Begoña Caamaño e Manuel Álvarez Torneiro, premios da crítica:

A novela Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Vigo, 1964), e o poemario Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932), foron os gañadores galegos dos Premios da crítica española, que onte se fallaron en Ponferrada (La Voz de Galicia, 14-04-2013).

César Aira publica Festival (Trifolium):

O autor máis prolífico da literatura arxentina proponnos un artefacto no que a patada inicial é só o arranque dun relato no que as digresións do autor, cargadas de fondura ensaística e ironía, novamente abren inesperados camiños que reorganizan o material narrativo sobre a marcha (blog da editorial Trifolium).

Gustavo Pernas presenta o texto de Tres logomonos:

os Logomonos -monólogos ao revés- queren recuperar a forza e a esencia das palabras, en contra da praxe destes tempos que vive da maquillaxe dos conceptos: axustes en lugar de recortes, reforma laboral en vez de despedimento barato, mobilidade externa por emigración da mocidade... e así tantos que relatou o propio autor (El Correo Gallego, 20-04-2013).

Eva Veiga, premio Vergara Vilariño con A distancia do tambor:
Foto: Sermos Galiza

O xurado destacou da obra o seu uso “novidoso e minimalista da linguaxe poética a través dunha marcada e contida intensidade expresiva e que propón unha reflexión sobre o espazo como un lugar vivo” (Sermos Galiza).

A noite branca de Fernández Naval recibe os premio dos libreiros:

«pola ampliación de horizontes da narrativa galega, por lograr unha estrutura moi complexa na que se une a realidade dunha Galicia presente en Europa e en América e por tratarse dunha novela de dimensións históricas que consegue manter un nivel literario excepcional» (La Voz de Galicia, 22-04-2013).

Anxo Angueira presenta unha nova edición crítica de Cantares gallegos:

«É unha edición crítica cunha introdución miña», engade o presidente da Fundación Rosalía de Castro. «Nas edicións estúdanse os diferentes textos que empregou Rosalía e se elixe entre eles o máis correcto; hai tamén notas e comentarios dirixidos tanto a especialistas como a persoas interesadas, que explican o significado de palabras, o emprego das mesmas e o significado de cada poema»(La Voz de Galicia, 24-04-2013).

Begoña Caamaño e Ramón Nicolás premiados co Losada Diéguez:

Begoña Caamaño con la obra Morgana en Esmelle de Editorial Galaxia resultó ganadora en la modalidad de creación literaria. [...] En la modalidad de investigación y ensayo el premio recayó Ramón Nicolás por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (La Voz de Galicia, 28-04-2013).

24.4.13

Diego Ameixeiras. Cine e novela negra

Hoxe (19-04-2013) visitounos o escritor Diego Ameixeiras. Foi recibido polo director do centro e presentado por un grupo de lectores. Falounos de cine e novela negra.
Comezou cunhas breves notas autobiográficas para explicar como chegou ao oficio de escritor e ao seu traballo actual de guionista de cine e televisión. Salientou na adquisición do oficio o esforzo e a superación, e sinalou a afección polo cine como fonte de recursos técnicos para mellorar a narrativa.
Fixo un percorrido panorámico pola súa novelística. Salientamos a creación do detective Dopico.
Diego Ameixeiras caracteriza o escritor -ou o guionista- como o encargado de poñer a imaxinación para darlle corpo a aquelas historias que vemos no cine ou na televisión. Confesou o seu interese polo mundo do crime e a delincuencia como material para contar historias. Recoñece que trata literariamente historias duras, mesmo vidas problemáticas.
A novela negra que gusta de escribir -e en xeral a novela negra dos últimos anos- fala de xentes que non son grandes investigadores nin detectives; fala de xentes con matices, isto é, persoas que son boas e malas á vez.


Salientou especialmente o mundo dos sentimentos. O escritor e o cineasta transmiten a idea de que o lector ou o espectador non son persoas illadas no mundo, senón que hai outras xentes que viven sentimentos semellantes. O que fai un escritor é verbalizar eses sentimentos, pórlles palabras. Deste xeito, unha novela ou unha película convértense nun bálsamo para quen as goce.



21.4.13

O Principiño (Saint-Exupéry). Cuestionario

Cuestionario para o club de lectura d’ O Principiño (de Antoine de Saint-Exupéry)
Imaxe: Editorial Galaxia


  1. No relato distínguese entre as persoas maiores e os rapaces. Semellanzas e diferenzas.
  2. O narrador nota sinais de avellentamento. ¿En que as nota?
  3. Hai quen ten establecido un decálogo das ensinanzas deste libro. Redactade o voso decálogo ou, polo menos, algo que se lle achegue.
  4. ¿Terá algún significado que cada planeta visitado polo Principiño teña un habitante?
  5. ¿Cales son os motivos da viaxe do Principiño?
  6. ¿Que relación ten o Principiño coa súa flor? ¿Que flor é? ¿Que pode significar?
  7. ¿Que razóns lle dá o raposo ao Principiño para que o domestique?
  8. Comentade este consello do Principiño: “Non se ve ben se non é co corazón”.
  9. Comentade o desenlace da obra. ¿Que significa para vós?
  10. ¿Podería dicirse que neste relato o autor defende o infantilismo?
  11. Indicade se da lectura desta obra pode tirarse algunha lección para a vida.
  12. ¿Como é o Principiño?
  13. ¿Que personaxes vai atopando o Principiño na súa viaxe polo universo?¿Que fan eses personaxes? ¿Que sentido ten o que fan?
  14. ¿Algúns personaxes do relato poden ser comparados con personaxes reais da actualidade?
  15. ¿Atopades no relato algo que poida facer pensar que o Principiño ten saudade?
  16. Segundo a lectura do relato, ¿que valor ten o ser especial para alguén? Poñede exemplos.
   17. Analizade como se trata o tempo no relato.