31.3.17

Rolda pola república das letras-183. Marzo de 2017

[...] será o eixo central da exposición 'Berce da nosa cultura' que terá lugar no Museo do Mar de Galicia en Vigo durante cinco meses, nos que en paralelo se desenvolverá un completo programa de actividades académicas, culturais e de divulgación da época e da obra do trobador [Martín Codax] (Sermos Galiza, 03-03-2017).
“Se lemos hoxe de novo Pondal cos ollos e o pensamento do século XXI, seguimos atopando as mesmas cuestións que falan tamén para nós: chamaba a levantarse contra a situación de abandono e desprezo do país naquel momento e dunha maneira semellante poderíamos facer hoxe o mesmo cos seus poemas”, afirma [Manuel Ferreiro] (Sermos Galiza, 04-03-2017).
Trátase de Os ensaios, de Michel de Montaigne, prologado e traducido por Gonzalo Navaza; Democracia e educación, de John Dewey, prologado por Antón Costa Rico e traducido por Manuel F. Vieites; e O federalista, de A. Hamilton, J. Madison e J. Jay, con prólogo de Roberto Blanco Valdés e tradución de Ramón Máiz e Alfonso Mato (Karmele Vázquez, El Correo Gallego, 07-03-2017).
O libro abordo tres tipos de mulleres abandonadas. «Unha é moi típica de Galicia; son as que Rosalía chamou viúvas de vivos[...]. O segundo grupo de mulleres abandonadas que inclúe Franco Grande son as mulleres abandonadas polo seu amante [...]. As outras abandonadas que trata no libro Xosé Luis Francos Grande son as que nacen en orfandade, aquelas nenas das que se descoñece a súa orixe (La Voz de Galicia, 07-03-2017).
E a súa nova achega vén definida así polo seu editor, Antón Lopo: "Despois de 'Camuflaxe' ninguén seguirá sendo igual, nin as persoas que o lean nin a propia autora, que pare ante os nosos ollos un becerro co seu corazón de sangue vermello" (Sermos Galiza, 08-03-2017).
[...] a escritora luguesa acadaba o galardón grazas a un ensaio no que analiza "a práctica tradutora de Rosalía de Castro e de Erín Moure, en oposición ao discurso patriarcal e colonial", segundo as súas propias palabras (Sermos Galiza, 09-03-2017).
O Instituto de Estudos Miñoranos vén de sacar do prelo esta obra que é "froito de tres anos de traballo: entrevistas, lecturas, escrita", segundo afirma o propio autor (Sermos Galiza, 10-03-2017).
El álbum, ilustrado por Enrique Flores, se sitúa en Bombay, donde Agni, un niño de 10 años pobre que trabaja desde los seis en un lavadero, sueña con que un día cambiará su suerte (El Correo Gallego, 10-03-2017).
este primeiro volume amósanos á nena curiosa que xoga no eixido dunha casa de vila, á adolescente inqueda e con soños de artista, á rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente, á lectora febril que ferve de ideas revolucionarias, á escritora consciente do seu talento e disposta a saír á praza pública... Unha imaxe de Rosalía até o de agora inédita que nace dun traballo de rigorosa pescuda bibliográfica (Sermos Galiza, 10-03-2017).
Ocorreu na época dos Austrias, concretamente no chamado Siglo de Oro literario, cando a Coroa de Castela fixo propaganda escrita para lograr este fin. Como sucedeu hai moito tempo, e os galegos somos moi boa xente, os prexuízos cara aos galegos diminuíron moito, pero aínda quedan rescaldos (entrevista de María Almodóvar, El Correo Gallego, 12-03-2017).
Neste percorrido, Gago realizará unha viaxe diacrónica, dende a década dos 80 do século pasado ata a Idade Media, amosando os lugares con que tiveron lugar crimes, mortes e asasinatos que ficaron no imaxinario popular e na historia e explicando os seus detalles e significación. "Habitualmente, a historia dos crimes válenos para explicar a relación entre clases sociais, que é algo que moitas veces non se conta, e quedamos só falando de monumentos. Moita xente cando visita un lugar, o que busca é xente, quere saber como vivía a xente alí, como era, atopar outras persoas, aínda que estean noutro lugar do tempo (Marcos Pérez Pena, Praza Pública).
[...] reúne noventa textos compilados nos arquivos da Real Academia Galega (RAG), a Fundación Rosalía de Castro, o Municipal, da Deputación, e do Museo de Belas Artes, todos da Coruña, de particulares e unha carta do legado de Víctor Said Armesto doada á Fundación Barrié, que editou Diego Rodríguez (Alberto Martínez, El Correo Gallego, 15-03-2017).
[...] este relato da súa viaxe é algo máis que iso, introducindo a cada momento explicacións científicas para distintos fenómenos físicos, xeolóxicos, astronómicos ou biolóxicos (entrevista de Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 16-03-2017).
A avõ Lola tivo que ser todo um mundo para Xohana, todo um mundo de ilussão, de compenetração, de carinho, de assombro, de emoção que a acompanhou e acompanha durante todo seu recorrido vital, até o ponto que agora edita um novo livro de poemas, magnífico e cheio de sentimento, adicado á sua avõ, sentimento que ja aflora no limiar no que fala de Lola á que inscreve “por méritos proprios na estirpe das avoas primixenias, de austera e miuda arquitectura, gardiás dunha lingua sécular, débeda que nunca pagaremos” (Nemesio Barxa, Sermos Galiza, 16-03-2017).
A emigración do final feliz si está documentada, mais hai outra que non o está. Con esta versión edulcorada da nova emigración galega parécese querer suxerir que a xente emigra porque quere, non porque non ten outra opción, e que o éxito está a esperar por nós no estranxeiro. Pero hai unha cara B que non se ve reflectida en moitas ocasións: as historias de fracaso daquelas persoas que aspiraban a ter unha vida mellor e que atopan no estranxeiro a mesma precariedade que pensaron que estaban deixando atrás (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 17-03-2017).
Rompe co estereotipo da típica nena princesiña e móstrase como unha nena xusta e espabilada, de modo que as accións que o lector coñecía agora non chegan nin a principiarse, grazas á actuación da Axente Riciños, que traballará pola xustiza cos axentes da orde, sendo nomeada filla predilecta do bosque (Carmen Ferreira, El Correo Gallego, 19-03-2017).
[...] un poemario dirixido ao lectorado autónomo e con medio cento de poesías que devalan entre o ton nostálxico da voz poética e a inocencia da ollada infantil (Isabel Mociño, El Correo Gallego, 19-03-2017).
[...] se estrena en la literatura con un libro de historias reales, contemporáneas, que juegan siempre con estereotipos de género (S. E. El Correo Gallego, 20-03-2017).
O xurado do Premio Jovellanos considerou que "o poema premiado representa unha poesía da cotidianeidade onde o misterio da vida e os seus milagres agóchanse nunha listaxe da compra, na voz recordada dunha avoa, nunha lingua pequena onde alenta o ánimo do mundo" (Sermos Galiza, 22-03-2017).
  • Emma Pedreira, Premio Jovellanos: “La poeta gallega Emma Pedreira ha obtenido el IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos, "El Mejor Poema del Mundo", con su poema ‘Lista da compra da viúva’" (Faro de Vigo, 22-03-2017).
[...] representantes do Concello e familiares encabezaron a comitiva que se dirixiu á tumba do camposanto onde descansan os restos do poeta noiés para realizar a súa tradicional homenaxe floral ao creador de Obra viva ou Cantos caucanos no 25 aniversario do seu pasamento (Manuel Gil, El Correo Gallego, 23-03-2017).
FILLO DE A ESTRADA Nado na Estrada en 1909, Manuel Daniel Varela Buxán foi un dinamizador da vida cultural galego, especialmente das Terras do Deza, que o acolleron á súa volta de Arxentina. Non en balde, impulsou a construción na parroquia de Cercio do primeiro local de escola feito pola Administración, así como a constitución da asociación cultural A Carballeira de Cercio. Ademais, creou en Lalín a compañía de teatro Os Labregos, coas que representou diversas obras, e escribiu artigos e colaboracións en diversos diarios e revistas galegas (Rosa Cano, El Correo Gallego, 27-03-2017).
La obra de teatro 'O tolleito de Inishmaan' se ha llevado un total de cinco premios María Casares consagrándose como el mejor espectáculo de artes escénicas del último año (El Correo Gallego, 30-03-2017).
A noite dos premios María Casares foi a noite de Eroski Paraíso e de O tolleito de Inishmaan. As súas respectivas oito e once nominacións xa anunciaban que a pugna entre os dous espectáculos sería a alma da velada que acolleu onte o coruñés teatro Rosalía de Castro (Rodri García, La Voz de Galicia, 30-03-2017).
O mar levou na mañá desta quinta feira, 30 demarzo, a Paco Souto (A Coruña, 1962) , percebeiro, poeta e concelleiro do BNG en Malpica, unha das persoas que máis o amou (Sermos Galiza, 30-03-2017).
"Paco Souto era también percebeiro, un gran poeta, un activista social y una de las voces más generosas de toda la Costa da Morte siempre al lado de las causas buenas y justas, una voz que hoy enmudece por un golpe de mar, pero que quedará para siempre en la memoria de todas las personas que lo conocen y que lo trataron, desde su Malpica al resto del país", ha señalado el BNG (El Correo Gallego, 31-03-2017).
A xornada correrá a cargo de Xosé Manuel González Reboredo, especialista en Antropoloxía Cultural, quen, coa charla 'Fermín Bouza Brey, un destacado etnógrafo visto por un discípulo', afondará na personalidade desta figura da literatura e cultura de Galicia (El Correo Gallego, 31-03-2017).
[...] os seus versos conservan a violencia e contundencia que os caracterizan, pero procuran, segundo a súa propia definición, novas formas e temáticas que enriquezan o discurso poético (Karmele Vázquez, El Correo Gallego, 31-03-2017).

Ningún comentario: