CUESTIONARIO
para club de lectura de A confesión de Lúcio, de Mário de Sá-Carneiro
Imaxe: Jailson Lima: Biografía Mário Sá-Carneiro |
- O suicidio é un tema principal nesta novela. ¿Como se enfoca?
- Para o narrador, ¿en que consiste a felicidade?
- Caracterizade a vida bohemia do París de finais do XIX: tipos, trazos, medios, profesións…
- A expresión “non foi un fracasado porque tivo o valor de esnaquizarse” (p. 16), ¿pode resumir toda unha vida?
- Se tiverdes que analizar o modelo de muller da época narrada na novela, ¿que trazos presentaría como definitorios?
- ¿De que tipo de poesía se fala na novela?
- No mundo artístico da bohemia parisina observamos o predominio de determinadas artes. ¿Cales son? ¿Que temas adoitan tratar?
- Segundo o narrador, ¿como é a vida torturada de Ricardo Loureiro?
- Relacionade e comentade algúns aspectos da biografía do autor visibles na do protagonista narrador da novela.
- Comentade o papel do medo na construción dos personaxes.
- A expresión “mentir non é querer menos” (p. 75), ¿que valor pode ter no contexto en que se di?
- Imaxinade, partindo da lectura, como sería unha sociedade amoral nas relacións humanas.
- No relato dáselle importancia ao tratamento entre amigos: ti / vostede (cfr. p. 75). Comentade este aspecto.
- ¿Que é o que realmente tortura o narrador?
- Analizade o proceso da relación entre os amantes.
- ¿Que efectos ten no protagonista o sentimento de noxo?
- ¿Como viven a amizade os personaxes da novela? ¿Cales son as súas condicións e os seus límites?
- Cando o protagonista retorna a París e reflexiona sobre o acontecido en Lisboa considera que o seu amigo Ricardo de Loureiro é un home vil. ¿Pode aceptarse esta consideración?
Ningún comentario:
Publicar un comentario