Trátase dun poemario que segue na liña da poetización da memoria, iniciada Por Álvarez Torneiro en obras anteriores.
Onde nunca é mañá expresa liricamente a loita contra os efectos do paso do tempo: “A vida que remata sendo historia / proclive ao esquecemento” (p. 11). A nosa existencia está garantida mentres viven os que nos coñecen (“Coñecinos”). Para o poeta somos río (“pasando igual ca un río”; p. 46).
Onde nunca é mañá tampouco non é un poemario de memoria acrítica. O tempo vivido dá a experiencia e a autoridade necesarias para facer unha análise crítica do humano (“Os malditos”, p. ex.) e do divino (“Ese Deus…”). A senectude convértese en “Sabedoría”.
Esta obra estrutúrase en dúas partes ( O mandato do tempo e Para un final sen fin). Na primeira, a voz poética reflexiona sobre os temas dende unha certa distancia; na segunda, a voz poética diríxese predominantemente a un ti, que pode ser o lector, alguén coñecido ou o propio poeta.
Reparo no poema “Ofrenda” porque resulta unha excelente forma lírica de lembrarnos que, ademais de sermos memoria, tamén somos fala.
Fálase da obra en
- Onde nunca é mañá, con Manuel Álvarez Torneiro. Presentación no blog da editorial.
Manuel Álvarez Torneiro, Onde nunca é mañá. Pontevedra, Kalandraka Editora, 2014.
Ningún comentario:
Publicar un comentario