Imaxe: Davila/Faro de Vigo |
- Cuando "o grelo" se convierte en "el clítoris" (La Voz de Galicia, 31-10-2015).
- O grelo e o clítoris das Pontes traspasan fronteiras (La Voz de Galicia, 05-11-2015)
- La fiesta del clítoris (Javier Guitián, La Voz de Galicia, 07-11-2015).
O trabucamento explícase na identificación que no Brasil fan entre "grelo" e "clítoris". E o tradutor, se cadra influído polo clima, a potencia do país e a expansión da súa lingua, optou polo disfemismo.
Non me opoño a nada do dito, pero ¿seguro que só medran tales grelos no Brasil?
Quero lembrar a este respecto o dito por Valentín Paz Andrade na obra A galecidade na obra de Guimaraes Rosa: na outra beira do Atlántico abrollan usos, costumes e palabras que teñen as súas raíces neste vello país.
Lembro tamén, a maior abondamento, o alcuño dunha muller que viviu hai uns cincuenta anos na aldea de H. Rebautizárona como A Grela. Aos cativos non nos daban moitas explicacións, pero o motivo do sobrenome seica se debeu a que, tocante ao divertimento, facía o que lle saía do grelo. Non estou agora mesmo en condicións de procurar máis información ao respecto. Tampouco sei se hai máis xente bautizada desta sorte (se cadra han ter máis información no CRPIH). A señora emigrou da aldea canda o home e o resto da familia na procura de mellor vida. Ata onde eu sei, finou hai anos e non deixou o alcuño en herencia.
Para mellor información véxase o artigo "A Feira do Clítoris", no blog Dúbidas do galego. Para non quedarmos con dúbida ningunha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario