A imaxe e o poema están nas escaleiras da rúa Roupeiro, en Vigo. Trátase dun traballo do Proxecto EWA.
O texto pertence ao poemario A sombra ergueita, editado por Castrelos en 1976. Neste libro, os poemas aparecen numerados. O da fotografía vai encabezado co número 39 e pecha a obra. Unha obra que reflexiona sobre o sentido da existencia, que rezuma intimismo e, por veces, desespero.
Curiosamente, o poemario arrinca con estes versos:
Nin os muros de pedrado camiñoparan o vento.Ninguén para o vento.
O muro que sostén o traballo artístico é de formigón e, se non pode parar o vento, si pode soster un grito poético de fe e esperanza no ser humano.
Que dure.
Máis información:
- Proxecto EWA, en vimeo.com
- Entrevista con Marcos Puhinger, en Sermos Galiza
- El espíritu de la poeta María do Carme Kruckenberg, en Faro de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario