31.10.11

Noticias de literatura-113. Outubro 2011

Imaxe: La Voz de Galicia.
Tintín segue no xulgado. Eis tres artigos sobre a cuestión en La Voz de Galicia (15-10-2011):

David Monteagudo publica Brañaganda:

Imaxe: EP
Para escibir ‘Brañaganda', recréase no sobrenatural convertendo en protagonista «a un ser que mata mulleres dun modo sistemático». Mentres a maioría do pobo cre que se trata dun lobishome, o marido da mestra intenta impor a súa tese de que é unha besta.
Os veciños de Brañatuille sentencian desde o primeiro dos crimes que se trata dun home lobo, pero o marido da mestra concede unha oportunidade ao racionalismo e inicia unha investigación para probar que os ataques son orixinados por un animal salvaxe. Non lle resultará sinxelo porque o convencemento xeral e o modoordenado de actuar do asasino sobreponse a todas as súas teorías racionalistas e inclinan aos veciños «a pensar que se trata dun ritual máxico» (El Progreso, 11-10-2011).
Xavier Queipo fala de Extramunde:
A novela fala da negación da diferenza. E a negación do diferente segue hoxe. Quizais en países sen ditadura pareza que non é así, pero dáse unha dobre moral porque en teoría todo está aceptado (...). Sempre hai unha clase dirixente e sempre gañan os mesmos, os que prefiren a inxustiza ao desorde. A inquisición agora é o capital, que é quen está definindo as normas (La Voz de Galicia, 20-10-2011).
Foto: La Voz de Galicia.
Xosé Luís Franco Grande nomeado fillo predilecto do Concello de Tomiño:
É polas súas importantes achegas á cultura galega e pola súa traxectoria intelectual que se lle nomea fillo predilecto. Foi autor no ano 1968 do Dicionario galego-castelán de Galaxia, libro que serviu de guía ás primeiras xeracións de estudantes de galego. Tamén afondou na poesía, no teatro e no ensaio (La Voz de Galicia, 22-10-2011).
Manuel Rivas presenta O máis estraño:
Segundo o autor, os contos incorporados a esta recompilación de textos non están «reescritos», pero si que se presentan aos lectores «cunha revisión estilística» para que vaian cos tempos. En calquera caso, Rivas, segundo explica, non quixo volver escribilos. «Tamén resistín a tentación de deixar de lado aqueles que xa non me gustan como cando os escribín», afirmou o escritor (La Voz de Galicia, 22-10-2011).
Entrevista de Manuel Rivas con Camilo Franco: “Os contos son animais solitarios” (La Voz de Galicia, 27-10-2011).
Noticia da presentación de O máis estraño. Contos reunidos publicada en El País (27-10-2011):
[...] la puesta de largo de O máis estraño fue notablemente concurrida. Sirvió para que el escritor se extendiese sobre el mecanismo oculto del cuento y sobre lo que supone volver a enfrentarse a obra publicada y con vida en sucesivas ediciones. "Cada cuento es un animal solitario", ha aprendido el escritor durante el proceso de elaboración del volumen, "y a pesar de que la permanente creación es la pemanente insatisfacción, decidí no entrar en la trama de los relatos".
Artigo no xornal El Mundo (26.10-2011) fala do “universo cuentístico de Manuel Rivas”:
Manuel Rivas ha presentado este miércoles en Santiago de Compostela la antología 'O máis estraño' (Xerais), en la que ha recogido su "universo cuentístico" desde 1989, con un total de 81 cuentos que ha revisado para esta edición entre los que, además, ha incluido otros nuevos bajo el epígrafe 'Tres historias'.
Véxase tamén o artigo de Roberto G. Méndez: “Escribir un cuento es como sostener una cerilla encendida hasta que te quema los dedos”, en El Correo Gallego (29-10-2011).
Ana Romaní, Premio da Crítica á creación literaria:
Estremas é o libro de máis recente publicación de Ana Romaní e foi o escollido polo xurado de creación literaria como o máis destacado do pasado ano. Para a escritora e periodista o Premio da Crítica supuxo «unha sorpresa» e explicou que o entendía como un recoñecemento para «todas e todos aqueles que traballaron para que haxa un outro horizonte nesta lingua». Romaní lembrou a necesidade da «liberdade, irreverencia e ousadía» e na súa reivindicación explicou que, se «nada nos protexe, todo nos reclama» (La Voz de Galicia, 23-10-2011).
Gonzalo López Abente, presentación de Bretemada:
Miro Villar e Olivia Rodríguez, encargada da colección, explican o libro coma un poema épico sobre Galicia e os seus acontecementos históricos. Malia que estas composicións se presentan como autónomas, Bretemada poderíase considerar coma un poema único perfectamente estruturado, con un final moi enlazado cos traballos literarios propios das Irmandades da Fala (La Voz de Galicia, 23-10-2011).
Imaxe: Galicia Hoxe.
Francisco Maseda presenta a biografía do I Conde de Gondomar:
Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar é unha das figuras máis senlleiras da Historia Galega e, nembargante, aínda ben descoñecida. Ata o punto de que Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, que publica a colección Mandaio de Biblos, é a primeira biografía en galego dun personaxe que defendeu as nosas costas dende mozo fronte aos ataques de Francis Drake, que participou na recuperación do voto en Cortes para a nosa terra, ou que lle valeu a Galicia ante os ataques do cronista portugués frei Brito nunha fermosa carta en defensa da caste galega (Galicia Hoxe, 26-10-2011).
Domingo Rodríguez e Sergio Pena, Electro School:
el primer método en gallego y uno de los primeros que aparecen en el territorio español para los adolescentes que sueñan con tocar una Fender Stratocaster como el solista que tuvo Guns N'Roses. En Galicia, a falta de conservatorios dispuestos a prestigiar la música pop (el de A Coruña incluye la asignatura de guitarra de jazz, pero no va más allá), han surgido academias privadas que enseñan a sacarle algo más que ruido al instrumento enchufado (El País, 28-10-2011).
(Unha excelente noticia, sobre todo despois de “la falda de Carolina”.)
Dolores Vilavedra bota unha ollada ás novidades literarias deste outono que comeza en “Tempo de devalar”, El País, 28-10-2011.

Ningún comentario: