15.10.11

Noticias de literatura-112. Outubro 2011

Foto: La Voz de Galicia.
Tintín xulgado por racismo:
«Non é Hergé o que está no banco dos acusados», subliñou o letrado, quen se mostrou convencido de que o autor belga apoiaría a posición dos demandantes se vivise actualmente. O debuxante, que escribiu a obra con só 23 anos e sen pisar o Congo, admitiu nunha entrevista en 1949 que se alimentou «dos prexuízos da época» á hora de escribila, e que deste territorio só coñecía clichés como que os negros «son iguais que nenos grandes» (La Voz de Galicia, 01-10-2011).
Bélxica sentou no banco dos acusados a un das súas auténticas iconas nacionais, capaz de enterrar as diferenzas entre valones e flamencos. O demandado é Tintín. O porqué: a viaxe que realizou en 1931 ao Congo, por entón colonia do país europeo. A culpa foi dun novísimo Georges Remi (1907-1983), que pasou á historia co seu pseudónimo Hergé. Oitenta anos logo da súa publicación, o Tribunal Civil de Primeira Instancia de Bruxelas debe decidir se o libro retírase dos andeis por fomentar o racismo e o colonialismo ou se debe levar algún aviso sobre o seu contido (La Voz de Galicia, 12-10-2011).
Segundo a defensa, Tintin au Congo non tiña intención de discriminar:
«Hergé xoga cos clichés e non quere difundir ningunha idea de superioridade», indicou a avogada Sandrine Carneroli. Tamén criticou ao demandante, o belga de orixe congoleño Mbutu Mondondo Bienvenu, por esperar ata o 2007 para levar aos tribunais, nese caso penal, unha obra cuxo último retoque se produciu en 1946 (La Voz de Galicia, 15-10-2011).
Manuel Portas fala de Un dedo manchado de tinta:
Foto: Pepe Álvez/El Progreso.
El libro, que se desarrolla en Santiago de Compostela, narra sucesos de personas comunes, «historias que podrían ser reais», cuyo hilo conductor es Gonzalo Salgueiro, el escritor ficticio que crea los relatos en busca de la novela perfecta (El Progreso, 01-10-2011).
X. Fernández Naval e Ali Ali expoñen o conto xigante Suleiman e Salúa:
A historia é unha recreación fantástica dos recordos da infancia de Ali Ali, centrada nunha aldea das montañas do leste de Siria, onde naceu o artista. É unha historieta que aspira a formar parte da tradición oral de Siria que, en definitiva, expón unha síntese dos mitos locais, lecturas infantís, contos populares e soños (Galicia Hoxe, 04-10-2011).
A AELG crea unha Escola de escritores:
unha iniciativa que ten como obxectivo transmitir aos seus membros a paixón da creación literaria nun momento en que Galicia "necesita máis que nunca o compromiso coa súa lingua", dixo o presidente da asociación, Cesáreo Sánchez. [...] A Escola de Escritores da AELG, explica o seu presidente, "pretende transmitir, como primeiro valor, a liberdade creadora", e cos obradoiros tentarán "potenciar as capacidades interiores que xa existen na propia persoa, fomentar o mundo poético, en canto que mundo persoal e interior de cada un". O presidente da asociación revelou que haberá obradoiros de escrita creativa, sen separar en xéneros, porque cada un camiñará cara a certos xéneros. Crear literatura é un exercicio de liberdade interior", apuntou. (Faro de Vigo, 05-10-2011).
Fernando Moreiras, premiado co Plácido Castro pola tradución de Ensaio sobre a Crítica (Alexander Pope):
Xosé María Gómez, da Asociación de Tradutores, destacou o valor da obra premiada, o Ensaio sobre a Crítica de Alexander Pope, significando a excelencia da tradución, moi especialmente por garantir a cadencia rítmica do texto orixinal (Galicia Hoxe, 10-10-2011).
Álvaro Cunqueiro: artigo de Natalia Puga en El Mundo (10-10-2011), “El laboratorio donde Álvaro Cunqueiro le dio vida a Merlín”:
Periodista, poeta, novelista, dramaturgo y gastrónomo. Cualquiera de estas cinco profesiones se puede atribuir a Álvaro Cunqueiro (1911–1981), un creador polifacético que ha dejado grandes obras tanto en gallego como en castellano. Al cumplirse cien años de su nacimiento, todas estas vertientes de su obra y legado artístico pueden conocerse a través de la exposición 'No niño novo do vento'.
Lois Pereiro e Cunqueiro en Alemaña:
AFeira Internacional do Libro de Frankfurt (...) acollerá (...)  a presentación da edición en inglés da obra de Lois Pereiro 'Collected Poems' e da tradución de 'Xente de aquí e de acolá', de Alvaro Cunqueiro (El Correo Gallego, 10-10-2011).
Foto: Galicia Hoxe.
Celso Emilio Ferreiro, centenario no 2012:
Os tres grupos con representación no arco parlamentario galego acordaron este martes, a instancias do PP, "honrar a figura de Celso Emilio Ferreiro" no centenario do seu nacemento. Deste modo, ao longo de 2012, programaranse diferentes actividades de "promoción e difusión" para dar a coñecer a súa biografía e a súa obra (Galicia Hoxe, 11-10-2011).
A noticia da declaración de 2012 ano Celso Emilio recollida no Faro de Vigo:
El autor del poemario que acabaría dando nombre a una época de la historia reciente de Galicia: Longa noite de pedra, será homenajeado cuando se cumplen cien años de su nacimiento. El Parlamento gallego aprobó ayer dedicarle al escritor Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 – Vigo, 1979), el próximo año 2012, con motivo de su centenario (Faro de Vigo, 12-10-2011).
La Voz de Galicia (12-10-2011): “O Parlamento avala o 2012 como o ano de Celso Emilio Ferreiro”.
Foto: Faro de Vigo.
Ernesto Guerra da Cal na lembranza:
Ernesto Guerra da Cal (Ferrol, 1911-Lisboa, 1994) ayudó a Federico García Lorca con Seis poemas galegos; fue el primero en traducir a Pessoa al inglés y realizó la Bibliografía Queirosiana en más de 3.000 páginas sobre el ilustre autor luso. A pesar de estos hitos así como de otros, Guerra da Cal es un gran desconocido en Galicia (Faro de Vigo, 12-10-2011).
Carmen Blanco presenta Un mundo de mulleres;
"Un mundo de mulleres" combate coa paz da poesía todos os sexismos ao tempo que é unha homenaxe á beleza diversa do amor e da liberdade, a través de seres do mundo real da historia e do mundo imaxinario dos soños, sempre libremente evocados: desde a Señora dos Grandes Ollos, Gaia, Galicia, Celtia, As Venus, As Amazonas, As Escravas, Penélope, Antígona, Lisístrata, Lilith, A Puta de Babilonia, Lupa, Morgana, Xenebra, Safo, Balteira, Rosalía, Virginia Woolf ou Emma Goldman ata A Liberdade dun futuro posible sen poder (Galicia Hoxe, 12-10-2011).
Gonzalo López Abente recuperado:
Imaxe: Galicia Hoxe.
Alvarellos Editora acaba de sacar á venda o libro 'Bretemada', no   que se recollen un centenar de poemas inéditos do intelectual galego   Gonzalo López Abente [...] que é unha metonimia de Galicia.  
O mecanoescrito orixinal desta obra pertence á Real Academia   Galega e foi o escritor e poeta Miro Villar o responsable do estudio   introdutorio e do coidado da edición. O volume, que está editado   conxuntamente coa Fundación Gonzalo López Abente, integra o volume   número 15 da Colección Rescate, unha colección que recibiu o Premio   da Edición de Galicia en 2008 (Galicia Hoxe, 14-10-2011).

Ningún comentario: