Premios AELG 2011: narrativa, poesía, ensaio e tradución.
Camilo Franco e Balada triste de moqueta: folletín 2.0:
Camilo Franco e Balada triste de moqueta: folletín 2.0:
Balada triste de moqueta -tamén hai camisola- é o título desta fresca e desprexuiciada incursión nun novo xeito de narrar, que acode ás redes sociais e ás posibilidades de interacción que oferta a virtualidade. "Decidín xuntar o revés da crónica política e o dereito do folletín", dicía onte Camilo Franco durante a presentación (Galicia Hoxe, 05-05-2011).
O escritor Camilo Franco escribirá ao longo da campaña electoral unha crónica política de ficción a modo de “folletín 2.0”. Baixo o título de Balada triste de moqueta, o escritor intentará levar a cabo un exercicio de innovación literaria. Un dos seus obxectivos é, segundo Camilo Franco, “darlle a volta á información electoral” e demostrar que “aínda que a literatura oficial sempre se ocupa de temas importantes, os escritores tamén podemos ocuparnos das cousas que pasan todos os días”. O escritor empregará o Facebook da Casa das Crechas para elaborar o seu folletín nas próximas semanas. O primeiro capítulo xa está dispoñible
Xornal de Galicia, 05-05-2011).
Ramón Nicolás fala en La Voz de Galicia (08-05-2011) sobre crítica literaria.
Manuel Rivas fala en Bogotá do poder, do narcotráfico e de literatura na presentación de Todo é silencio:
Manuel Rivas fala en Bogotá do poder, do narcotráfico e de literatura na presentación de Todo é silencio:
Rivas confesou ter "a sensación preocupante de que o que está pasando no mundo, no que derivou a globalización, é que o mercado honesto acaba sendo depredado polas zonas grises ou delituosas". É o mesmo que ocorre "coa moeda falsa, que se pega á verdadeira para pasar desapercibida" (Galicia Hoxe, 09-05-2011).
Quico Cadaval gaña o premio Max con Shakespeare para ignorantes. Artigo de A. R. López sobre o teatro de Quico Cadaval (Galicia Hoxe, 11-05-2011)
Xosé María Álvarez Cáccamo e Manuel Pizcueta presentan Un home impuntual:
Xosé María Álvarez Cáccamo e Manuel Pizcueta presentan Un home impuntual:
A peripecia narrada xira ao redor da impuntualidade constante dun home sen nome, pero asenta nun texto de gran profundidade e carga emocional, que traspasa o interese do lectorado máis novo para se dirixir aos adultos, situándose na imprecisa intersección entre a Literatura Infantil e Xuvenil e a institucionalizada que ocupan os denominados crossover ou dual adressee, fenómeno do que ultimamente se está a falar con asiduidade (Galicia Hoxe, 10-05-2011).
Marcel Proust en galego: Sobre a lectura e Días de lectura (Trifolium). “dous textos nos que a lectura como comunicación en ausencia se confronta con outras formas de comunicación nas que a presenza se impón ou nas que se simula mediante a técnica” (Xornal de Galicia, 10-05-2011).
Xulia Alonso Díaz: artigo de Anxo Tarrío sobre a novela Futuro imperfecto (Galaxia).
Ana Romaní: entrevista en El Mundo (11-05-2011) na que nos fala do seu poemario Estremas.
“A colleita da cultura, antes das Letras” (El País, 13-05-2011) é un artigo de Teresa Cuíñas e Óscar Iglesias que recolle os destaques do último ano no campo da cultura: “Por voluntarismo, porén, ninguén salva a política cultural do Goberno galego”.
Rosa Aneiros, entrevistada no mesmo medio, fala, entre outras cousas, da “imposición” lingüística.
Manuel Rivas: reedición de Ela, maldita alma:

Nesta nova edición de Ela, maldita alma –lanzada orixinalmente no ano 1999–, reprodúcese en cuberta un cadro do pintor arxentino Eduardo Sívori, cadro do que parte Manuel Rivas para escribir o relato O espertar da criada, conto inédito até o de agora co que se abre o libro. En Ela, maldita alma, Manuel Rivas achega a súa ollada para descubrir o que hai detrás da realidade aparente. Cunha escritura que reclama atención para o que pasa desapercibido, as historias e os personaxes reviven co mesmo fulgor das experiencias novas (Xornal de Galicia, 14-05-2011).
Aos seus oito anos, Noah pensa que é máis doado facerlles fronte aos seus problemas se non pensa neles. E por iso escapa da casa. Por un camiño inexplorado a través da fraga (Xornal de Galicia, 14-05-2011).
Cociñando ao pé da letra (Galaxia e Gadis):
Un percorrido por todo o país coa guía desta obra literaria/receitario de cociña que leva os lectores até a cociña onde se cocen os bos xantares e a boa literatura galega (Galicia Hoxe, 14-05-2011).
O escritor lugués asegura que escribe libros que poden ler adultos e rapaces. "A única diferenza formal, práctica ou mesmo estrutural cun texto dirixido só a adultos é o equilibrio entre o implícito e o explícito. O rapaz non ten experiencias compartidas comigo ao ser eu un adulto cheo de experiencias e el un individuo en formación, entón non comprende todos os meus implícitos e eu teño que facer explícitas cousas que non explicitaría se esa obra fose para adultos". Ao seu ver, a idade non é un impedimento. "Eu sempre digo "nunca escribas noite escura, escribe noite e se o lector non é parvo xa se dá conta de que é escura". Hai unha listaxe inmensa de obras xeniais na historia da literatura que foron escritas para lectores novos, comezando por unha obra absolutamente redonda e canónica dentro da novela de aventuras, como é A illa do tesouro, de Stevenson."
Marisol Gándara faise co Francisco Añón de poesía por Manuscrito segundo da poeta caníbal (Galicia Hoxe, 18-05-2011).
A noticia sorpresa dánola Feijoo: non tiñamos nin idea de que Lois Pereiro era un modelo de galeguista cordial, porque xa levaba un tempo enterrado cando alguén inventou tal etiqueta. A noticia recóllena uns cantos xornais:
-Feijoo también aplica a Lois Pereiro la etiqueta de galleguista cordial
-Feijoo aprópiase de Pereiro como emblema do galeguismo cordial
-(...) representante do galeguismo cordial
En fin...

Etiquetas: narrativa, poesía, teatro, Quico_Cadaval, Manuel_Rivas, Ana_Romaní, Ramón_Nicolás, Rosa_Aneiros, crítica_literaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario