Na primeira dásenos conta da preocupación pola queda de galegofalantes:
Los equipos de normalización lingüística y el PP, preocupados por la caída de gallegohablantes
Ambas as partes coinciden no diagnóstico, que non é novo nesta altura. Todos os estudos feitos sobre a cuestión veñen anunciando por onde van os tiros. A política lingüística debería servir de chaleco antibalas, mais tamén é ben sabido que como moito tal política hoxe ten a eficacia daqueles "detente bala" que cosían no peito da camisa os requetés que participaron na guerra civil.
Tamén se fala da noticia dun "decálogo de «consenso» para recuperar el diálogo sobre el gallego en la educación"; este periódico non dá outros datos sobre tal decálogo.
Nun breve das páxinas locais de Vigo recóllese a protesta do claustro do IES de Teis sobre a "enquisa das linguas". O contido do documento do instituto está recollido dun xeito un tanto críptico, ademais de estar mesturado cunha noticia de maltratadores de parellas. É unha pinga máis na chuvia de protestas que xerou a enquisa, falta dun "obxectivo suficientemente definido". Cómpre entender que se trata dun obxectivo científico. Non pretende botar luz sobre unha situación xa abondo estudada e coñecida. Por outro lado, a falta de rigor metodolóxico co que foi feita non permitirá tirar conclusións válidas, salvo aquelas que sexan do gusto dos promotores. Se se lle quere atopar un obxectivo, témolo doado: xustificar a postura daqueles que sosteñen que falar galego provoca halitose.
O terceiro pé do gato póñeno as declaracións de Mariano Rajoy en Cataluña. Para o líder do PP, Galicia é un modelo "en libertad educativa":
«En Galicia todo el mundo puede opinar y eso es más razonable y sensato, para que todo el mundo pueda estar a gusto», afirmó el líder del PP (La Voz de Galicia, 4-7-09, páxina 22).Comprobada a data (non é primeiro de abril nin vinte e oito de decembro), teremos que acreditar na veracidade das declaracións do político. Así e todo e contra o afirmado na noticia, os que andamos na docencia sabemos que ós profesores non se lles preguntou nada. Aínda máis, recomendóuselles que gardasen as súas opinións e que se limitasen a seguir as instrucións da superioridade. O asunto acabou perante o xuíz, como é sabido.
Tocante á calidade do ensino en Galicia, á que fai referencia o mesmo político, xa veremos o que nos conta o informe PISA.
O que me gustaría saber é o que pensa o sector gorruno do PP (perdón, quixen dicir o sector da gorra, galegofalante de seu). ¿Que farán con el e coa súa lingua cando non sexan necesarios os votos que gardan baixo o xergón?
(Esta tamén é unha pregunta digna da enquisa.)
Hoxe mesmo, a lingua tamén está presente noutros xornais, coma case sempre. Velaquí algunhas mostras:
Voces contra a agresión, con foto da inauguración dos cursos de galego para estranxeiros.
Unha opinión sobre Galicia Bilingüe.
Como en Cataluña...
A romaxe do Faro.
As tres universidades únense...
Véxase tamén Galego, patrimonio da humanidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario