20.11.07

Cunqueiro. Unha biografía (2)

Dúas noticias referidas ó noso autor atopamos hoxe. Unha delas vén no Faro de Vigo, periódico dirixido polo mindoniense unha lonta tempada. Dá conta da publicación duns relatos inéditos de Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal. A orixe das seis historias xa é bonita de por si.
A outra noticia aparece no Galicia Hoxe. Fálanos da presentación na Coruña da biografía de Cunqueiro que o sevillano Manuel Gregorio acaba de publicar*. Neste periódico aparece unha interesante entrevista co biógrafo.

Manuel Gregorio González dá conta da dimensión humana do don Álvaro reflectida no espello das súas obras, do home "que se trasparece en sus obras" (p. 194). Velaquí a idea que guía esa visión de Cunqueiro como "juglar sombrío":
"(...) se asombra uno de la soledad, de la fortaleza, del empeño de aquel
escritor inseguro, festivo, algo nostálgico y hedonista, que quiso devolverle al
mundo un poco de humor, de paz, una alegría pastoril y arcádica, cuando el mundo
estaba atento a otros azares. En esas condiciones, no era posible comprender la
portentosa ofrenda del gallego. Una ofrenda en la que se incluía el derecho a
soñar, la posibilidad de ser otro, la intimidad del hombre con el misterio" (pp.
80-81).


* Véxase o post "Cunqueiro. Unha biografía", máis abaixo.

Ningún comentario: