29.2.16

Noticias de literatura-170. Febreiro de 2016

Helena Villar Janeiro será a próxima Escritora na súa terra coa letra E, unha homenaxe que terá lugar en xuño no Concello de Rianxo e que foi acordada onte pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) (Koro Martínez, El Correo Gallego, 15-02-2016).
É unha historia, sobre todo, de superación, dunha nena valente que, ademais dos obstáculos que se lle presentan, porque ten que emprender unha viaxe, supérase a si mesma, e eu creo que eso é o máis valioso (La Voz de Galicia, 16-02-2016).
Una publicación del Consello da Cultura Galega recupera la figura de Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1903-Buenos Aires 1974), fundador y director literario de la revista Céltiga, una de las más importantes de la emigración gallega en América (Montse García, La Voz de Galicia, 24-02-2016).
[...] é unha novela con aires detectivescos. É unha novela dunha muller que é abandonada polo seu home logo dunha vida de entrega absoluta pola súa parte, e despois de ser abandonada, vese ensarillada nunha morte estraña dunha persoa achegada. Vaise ver envolta nunha investigación xudicial (entrevista de Jorge Lamas, La Voz de Galicia, 23-02-2016).
[...] destacou da obra galardoada que trata "dunha historia extraordinaria" que transmite "moita tenrura", así como a súa "vertente educativa" e a capacidade dos seus personaxes para "transmitir valores" (El Correo Gallego, 24-02-2016).
"A memoria e o intento de explicación do noso presente creo que van estar sempre comigo e aparecen acotío nas miñas novelas. Se a iso lle xuntas a procura da identidade dun pobo manexado, submiso, incapaz por veces de rebelarse contra o sistema, aínda sabendo a perversión política que o levou a ser o que é, temos parte dos ingredientes que enchen a pota que ferve nun lume de ficción" (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 27-02-2016).
El Ayuntamiento de A Coruña rindió tributo ayer domingo al poeta Lois Pereiro, lo que supone el inicio de una serie de homenajes a personajes artísticos y culturales muy vinculados a la ciudad (El Correo Gallego, 29-02-2016).
  • O fillo da furia: vinte voces por Lois Pereiro”, Praza Pública: “O teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá este domingo (12:30, de balde) o recital O fillo da furia. 20 voces por Lois, unha homenaxe literaria, pero tamén cidadá, que recordará o poeta monfortino na que tamén foi a súa cidade e, ao tempo, inaugurará o ciclo 'Historias de almanaque', co que o concello coruñés realizará diversos recoñecementos a figuras culturais vinculadas á cidade”.

Ningún comentario: