Henrique Monteagudo resalta que este volume pode ser considerado a partir de agora como o epílogo da lírica medieval galego-portuguesa. Estas composicións non son cantigas, senón dizeres, recitativas e non musicadas, e talvez das máis antigas das producidos no centro-oeste da península, afirmou o profesor e editor (La Voz de Galicia, 01-05-2013).
Alfonso Eiré presenta Infiltrados:
Foto: A. Hernández/El Correo Gallego
La reciente ruptura en el seno del Bloque Nacionalista Galego (BNG) pudo tener su origen en una operación que el Centro Nacional de Inteligencia (CNI) activó a finales de los años setenta para redireccionar la ideología más radical de la Unión do Pobo Galego (UPG), pero que no logró su objetivo (Nicolás Navaza, El Correo Gallego, 08-05-2013).
Marica Campo, homenaxeada pola AELG:
A escritora Marica Campo (O Incio, 1948) será homenaxeada en xuño pola AELG nun acto no Val de Mao, no concello onde naceu (entrevista con Jaureguizar, Galiciaé, 11-05-2013).
Dores Tembrás, Cronoloxía da Urxencia:
Imaxe: Sermos Galiza
Interesábame traballar o concepto do desexo, non como obxectivo senón determe no propio proceso e dentro del no que entendo como dous tempos, por unha banda a contención e pola outra a inminencia (Sermos Galiza).
Rosalía de Castro, paseo literario polas terras de Cantares:
Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, tamén é o libro fundacional da Literatura Galega Contemporánea. Hoxe, cando se cumpren 150 anos da súa publicación e dende a visión particular de Terras, extrapólanse aqueles paisaxes, costumes e lugares que Rosalía cantou nos seus versos para lembrar, dende o particular "as belezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer bárbaro os que non saben que avantaxa ás demáis linguas en dosura e armonía" , como ela dixo (El Correo Gallego, 17-05-2013).
Marta Dacosta, premio Johan Carballeira de Poesía:
O xurado destaca do poemario de Dacosta "o elaborado xogo simbólico do poemario, alicerzado nunha aarquitectura esférica onde o lacunar de ameaza escura recolle un discurso fondamente parabólicos" (Sermos Galiza).
Ramiro Torres, Esplendor arcano:
Do ponto de vista do autor, o tema principal do livro é o Amor, não só do ponto de vista erótico e vivencial, mas também entendido como meio de conhecimento e apreensão da realidade inteira, num diálogo interior e exterior com uma luminosidade obscura que permita a ligação com todo o existente (Praza pública).
Pinto & Chinto presentan Nicomedes o pelado:
Imaxe: La Voz de Galicia
Nicomedes é ese personaxe que perde a súa espléndida cabeleira e debe botar man de todo tipo de enxeñosas alternativas á súa prematura calvicie. «Ao estar pensada para primeiros lectores a historia é sinxela e directa, vai ao miolo para achegala aos máis pequenos», explica Carlos López (La Voz de Galicia, 23-05-2013).
Rosalía de Castro, Cantares (edición completa en inglés):
A editorial de Jonathan Dunne saca a primeira obra íntegra en inglés que se publica da poeta galega. O título será Galician songs, con tradución de Eirín Moure (La Voz de Galicia, 28-05-2013).
Ningún comentario:
Publicar un comentario