5.1.13

Brais Rodríguez. A man do diaño

Imaxe de Quadriños
Un comando de tres membros entra en territorio inimigo para levar a cabo unha misión. Destrúen todo o que atopan no camiño e eliminan superviventes. Mais sofren unha emboscada e un dos soldados resulta ferido. Recibe axuda dunha familia de campesiños e o soldado salva a vida, pero queda sen unha perna. Durante a convalecencia os outros dous compañeiros seguen coa misión, que inclúe a destrución da familia acolledora.
O incidente da emboscada fai reflexionar ó ferido e ó mercenario, que cambian de actitude e deciden abandonar as armas. Dos tres só logra cruzar a ponte de volta o mercenario, e aínda así non sabemos cal será o seu futuro. A guerra continúa: no camiño de volta o mercenario observa outro comando que se interna en territorio inimigo.
O autor quixo escribir unha historia antibelicista. Logra transmitir o irracional e o absurdo dun conflito bélico, a crueldade da limpeza étnica. Faille ver ó lector como a poboación civil é o pandote do exército inimigo e do amigo. Os soldados dos exércitos enfrontados son idénticos; só se distinguen na color do uniforme. Polo demais, obedecen e actúan do mesmo xeito.
A mensaxe d’ A man do demo é pesimista. Abóndalle ó autor cun par de viñetas para transmitírnola: os humanos, coma calquera outro insecto, mantéñense das entrañas dos semellantes.


Imaxe de Demo Editorial
Malia faceren a guerra con ordenador, os soldados van ataviados cun aire retro que os volve atemporais. A barbarie ten un amplo marco cronolóxico.
O branco e negro des debuxos non lle resta ningún dramatismo á historia.

Falan da obra



Brais Rodríguez, A man do diaño. A Coruña, Demo Editorial, 2011.

Ningún comentario: