Coma sempre, hai dous bandos. O dos xacobinos... | ...e o dos xirondinos. Os do medio levan lafeadas nas dúas bandas da cara. |
Estes xacobinos non son os devotos do santo Xacobe nin aqueles arreminados revolucionarios que se dedicaron a afeitar en seco os seus compatriotas. Son xente ben pensada que sostén contra vento e marea que un Estado só debe ter unha lingua; e se alguén naceu con outra lingua que non sexa a oficial do Estado que a meta no... que a use para lamber as feridas. | Os xirondinos non son os seareiros do equipo de fútbol do Bordeos nin tampouco aqueles federalistas radicais curados de tal doenza cunha dose de guillotina. Aquí debemos consideralos como xente que non se asusta nin gaguexa nin lle tremen as carnes ante un feito diferencial. |
Un alsaciano, poñamos por caso, se fala a súa lingua materna mesmo o pode facer por mala fe. Porque a mala fe é típica deste recuncho. Cando lle convén sacha en francés ou alemán... O conto é andar á comenencia. Os alsacianos son franceses ou alemáns... asegún. | Ora esa! Un alsaciano fala o seu idioma porque é a súa lingua materna. E punto redondo. Algúns ven fantasmas. |
¿Por que lle imos ter medo en Francia a esas linguas que xa están mortas ou que só falan intelectuais "régionalistes" | |
¿Para que queredes un patois rexional? ¿Para falar de paxaros e de herbas? | |
¿A que vos vén ese evanxelismo lingüístico? É para escachar coa risa. | |
| A multiplicidade identitaria é unha riqueza. Protexela é protexer a riqueza do República. |
Ides volvervos tolos para atopar choio se non sodes quen de redactar un currículo en francés. | Onde colle unha lingua, collen dúas. En España atopáronse coa sorpresa de que os que mellor dominaban o castelán eran aqueles falantes de comunidades bilingües. Pensar nunha lingua non nos volve parvos nin nos inhabilita para acoller outra. |
Sodes os simpatoizantes da anti-Francia. ¿A onde ides coas vosas músicas salvaxes, afumados de herbas provenzais? | O recoñecemento simbólico das linguas "régionales" na Constitución, ¿vaivos impedir que sigades sendo uns lariqueiros na langdemolyèr? |
Os que falades linguas "régionales" sodes uns reaccionarios neo-nacionalistas. | Lembrade que en bretón ou alsaciano ou occitano... non se torturou en Alxeria. Xa vos asubiaremos cando necesitemos leccións de progresismo en francés. |
Notre langue est déjà un patois à l'échelle planétaire. Le futur des européens parle Anglais. Ce n'est ni bien ni mal, c'est factuel. (Isto sóame moito. Algo semellante repetíao con sumo pracer certo alcalde de La Coruña). | (Xa veremos o que pasará cando acaben de invadirnos os do Lonxincuo Oriente.) |
| E os Académicos ¿sodes incapaces de ver que os valores da República poden ter expresión en todas as súas linguas? ¿Non dades visto que a República ten cidadáns noutras linguas diferentes do francés? |
Abur.
Ningún comentario:
Publicar un comentario