9.10.06
Vredaman
Vredaman
Para aqueles grupos que estades a ler a novela enriba sinalada, preséntovos o cuestionario que segue a xeito de pequena guía de lectura:
1. Argumento da novela.
2. O valor suxestivo do título.
3. Personaxes: as mulleres.
4. Personaxes: os homes.
5. O mundo visto polo neno.
6. A adecuación estilo/narrador.
7. O valor da fantasía.
8. A ilusión como motor da vida.
9. As profesións dos personaxes e a idea de profesionalidade que estes amosan.
10. O recurso ó humor.
11. O neno e a morte.
12. O ambiente doméstico na novela.
13. O espírito competitivo.
14. A lección do cura vello.
15. O neno e a comida.
16. O encanto do saber inútil.
17. As manías de familia.
18. Historias dentro da historia.
19. Os vellos ós ollos dos mozos.
20. A medida do tempo na novela.
21. ¿Que feitos ou datas de importancia histórica aparecen citados ou insinuados na novela?
22. Na novela cítanse importantes personalidades –reais– da cultura. Enumera algunhas e di brevemente o que saibas delas.
23. O sentido relixioso na novela.
24. Algún personaxe vive en soidade. ¿Quen? ¿Como a vai levando?
25. O efecto consolador da memoria.
(Calquera achega que queirades facer sobre a lectura, deixádea nos comentarios ou, aínda mellor, no blog do grupo correspondente. Xa coñecedes os enderezos.)
Para írdevos metendo na fraga das recensións, podedes botarlle unha ollada a:
http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=856
http://zubitegia.armiarma.com/egileak/00177.htm
Ánimo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario