5.11.14

Ti falar

Este texto de Fernando Díaz-Castroverde que pegamos aquí á esquerda lémbranos aquela anécdota dun Cunqueiro aínda neno que tentou escribir unha novela de vaqueiros na que os indios falaban galego.
Hoxe, segundo datos do IGE, os indios galegofalantes imos a menos. En troques, abondan cowboys que colleron o vezo de lle arrincaren a cabeleira a lingua, retorcérenlle a sintaxe e cuspírenlle no léxico coa mesma satisfacción de quen masca tabaco. E fano con gozo e a conciencia. Como Deus manda.

(O texto é de Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos. Vigo, Galaxia, 2011, p. 35).

1 comentario:

  1. Anónimo11:43

    A cuestión é que xa non quedan Xerónimos...
    Mais aínda si o eco dos Espíritos da Montaña.

    Un saúdo.
    Fernando Díaz-Castroverde

    ResponderEliminar

Agradecidos pola visita. Deixe o seu comentario se quixer.