Hai unhas semaniñas recibimos este precioso agasallo de Arquivos do trasno. Estámoslle moi agradecidos. Non podemos negar que nos fixo moita ilusión.
Pedimos desculpas pola tardanza en facer os deberes blogueiros e imos pórnos ó día nos requisitos que implica o agasallo:
1. Os blogs elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.
Sentindo moito que non poidan ser todos, velaquí van dez dos nosos favoritos:
Pedriñas
Ferradura en tránsito
Eira de Balixe
As gabarras
Medrar en galego
Caderno de lingua
Remexer na lingua
O noso trasno recomenda
Irmandade secreta dos devoradores de libros
Chousa da Alcandra
Moitas grazas polo agasallo!!!
ResponderEliminarTomamos nota da encarga e tan pronto poidamos faremos o mandado.
Apertas grandes!!!
RdF, moitas grazas por este agasallo ben pouco merecido para un blogue que, por outras ocupacións, teño desatendido.
ResponderEliminarUnha aperta
PD: e agora a buscar 10 blogues aos que quixera premiar? Difícil tarefa me pos entre tanta e tanta creatividade e traballo como se fai no blogomillo.
Agradezo a mención. É todo un privilexio.
ResponderEliminarAgardo que non se me tome como desconsideración o non facer o que na encomenda se me manda. Que non é con ánimo de ofender nin resposta de desagradecido.
Graciñas!
Desculpade pola tardanza e moitas grazas. Aceptamos de moi bo grao o voso agasallo. Bicos para a Revolta da Freixa.
ResponderEliminarBeizóns e desculpas pola tardanza a un tempo. Contaba que saíse aquí o ping de Remexer, pero vese que non.
ResponderEliminarAgradezo moito o agasallo, que anima a seguir compartindo.