4.5.08

Lingua esgallada (41)

LINGUA ESGALLADA-41

Velaquí algunhas expresións recollidas das exposicións orais. Contémplaas dende a óptica do rexistro estándar e indica a solución que creas máis idónea. E para pórlle o ramo á obra, comenta as razóns da rectificación.

410 Para que ela se fixase máis en el

411 Chega un momento en que acábase o loito

412 Que era o que a el salváralle a vida

413 Desarólase en dous mundos

414 Decidira quedarse con el

415 Sale da cárcel

416 Perteneceu ó grupo Nós

417 Puxéronlle un de vidrio

418 Xunto con papel e lápiz

419 Cementerio de cidade

CONDICIÓNS DO TRABALLO
BAC: Rectificación + explicación.
ESO: Rectificación.
Valoración: Actividade para mellora de nota, segundo previsto na programación.

Data entrega: 24 horas despois da publicación neste blog. Non se contan festivos.

Imaxe de Le blog drzz

1 comentario:

  1. Anónimo12:12

    410. Para que ela reparase máis nel//Para reparar ela máis nel.

    411.Chega un momento en que o loito termina.

    412.Que era o que a el lle salvara a vida.

    413.Desenvólvese en dous mundos.

    414.Decidira quedar con el//Decidira quedar canda el.

    415.Sae do cárcere//Sae da cadea.

    416.Pertenceu á Xeración Nós//Pertenceu ao grupo Nós

    417.Puxéronlle un de vidro.

    418.Xunto con papel e lapis.

    419. Cemiterio urbano.


    Saúdos!!!!!!!!!!!!

    Hai algún premio por facer isto????

    ResponderEliminar

Agradecidos pola visita. Deixe o seu comentario se quixer.