30.11.13

Noticias de literatura-143. Novembro 2013

[...] pola súa obra Ardalén, que é un percorrido polas lembranzas do autor, pero tamén unha mestura de realidade e soño.O xurado destacou da obra o seu "carácter poético" e a súa "mestría técnica" na utilización das cores (Faro de Vigo, 01-11-2013).
Suso de Toro, curtametraxe de Polaroid
Premio de la Crítica de Galicia en 1987, 'Polaroid' supuso en el momento de su publicación un "hito" en la literatura gallega moderna (El País, 31-10-2013).
Manuel Álvarez Torneiro, Os ángulos da brasa
Manuel Álvarez Torneiro 
Foto: Praza pública
[...] interpreta o seu último galardón como un recoñecemento á lingua e á poesía galega. E non deixa, durante toda a entrevista, de reivindicar o mesmo que na súa obra. A vida. O dereito a ter un futuro. Malia as derrotas e as mentiras (Montse Dopico, Praza pública).
A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor, ao cine (de novo)
La juerga de 24 horas que Cibrán, Bocas y Milhomes vivieron por las calles de Auria, un espejo del Ourense del siglo pasado, comienza a rodarse bajo la dirección de Ignacio Vilar. Hasta el 30 de marzo de 2014, el casco histórico de esta ciudad e iconos históricos como el Puente Romano serán un gran plató en el que se pretenden recrear los escenarios tragicómicos que Eduardo Blanco Amor detalló en una novela convertida en patrimonio universal de la literatura gallega (Pablo Taboada, El País, 06-11-2013).
López-Casanova ingresa na RAG
Para min, a poesía tivo sempre unha función edificativa, é dicir, que nos axuda a iluminar e construír con autenticidade o noso proxecto existencial, e mesmo ábrenos tamén a unha ética (axúdanos a descubrir e comprender «ós outros», ás persoas) (entrevista con Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 09-11-2013).
O xeneral Juan Beceiro Amado, primeiro tradutor do Quixote
Juan Beceiro Amado
Foto: el País
O seu fillo lembrou que cando pasara a reserva fixo a versión galega non só do Quixote, senón tamén de varias obras clásicas como a Odisea, Hamlet, O Lazarillo de Tormes e lendas irlandesas. Ademais, hai «noticias de que en mans dunha filla está O buscón, de Quevedo», detallou Alonso Montero. Tamén salientou outra obra de Beceiro, Comentos, follas dun vocabulario galego-castelán, un dicionario «que ilustra con textos do cancioneiro popular e nalgunhas palabras introduce relatos escritos por el» (Rodri García, La Voz de Galicia, 09-11-2013).
Francisco Castro, O corazón de Branca de Neve
Con este libro, Castro pretende abrir unha serie de novelas ao redor do inspector Hermida, un tipo normal, un policía que podería ser cuspidiño a calquera axente que “un atopa no bar de abaixo da casa e que está a ver o Celta” (Alberto Ramos, Praza pública).
Yolanda Castaño, premio de Poesía Novacaixagalicia
A segunda lingua é o título dun poemario, escollido entre cincuenta e dous orixinais, que, ao dicir do xurado, presentaron "un nivel elevadísimo, moito maior na calidade dos traballos do que noutras convocatorias de premios" e a proba, sinalouse, de que "a poesía galega está viva" (Fran P. Lorenzo, El Correo Gallego, 13-11-2013).
Diego Ameixeiras, Matarte lentamente
Diego Ameixeiras
Foto: DP/De luns a venres
O clima de desmoralización e de desarraigo fai que os personaxes se movan na liña que separa o marxinal do que non o é. Esa visión que temos todos do futuro como un lugar inseguro está presente. O sistema non nos leva máis que á pobreza e á exclusión para o beneficio duns poucos. O que quero reflectir é que a falta dunha acción en grupo transfórmase ás veces en pequenas accións de supervivenza persoal, con comportamentos á marxe da lei (entrevista con Sara Vila, De luns a venres, 14-11-2013).
Pedro Feijoo, A memoria da choiva
[...] utiliza como coartada argumental os enigmas rosalianos para tecer un relato no que a memoria é o combustíbel (El Correo Gallego, 16-11-2013).
Gonzalo López Abente, Poesía completa
Miro Villar, autor da recolleita da obra de López Abente, dixo que foi «unha honra chegar a este punto, poder xuntar a súa poesía completa», e confesou que cando descubriu a súa lírica sentiuse deslumbrado. Apuntou que a tarefa non foi fácil, xa que o poeta empezou a escribir con só 21 anos, pero en ducias de revistas e xornais, sobre todo da emigración, de Bos Aires. Villar lembrou que Vicente Risco cualificaba a López Abente de clásico, e o chamaba «o poeta do mar», aínda que «non no mesmo sentido que Manuel Antonio» (Rodri García, La Voz de Galicia, 16-11-2013).
A Fundación Penzol, Medalla de Ouro de Galicia
A Fundación Penzol, creada en Vigo por Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galleguistas en 1963, destaca polos seus 50 anos de funcionamento dedicados ao estudio e á recompilación documentación sobre a lingua e literatura de Galicia (Galicia hoxe, 19-11-2013).


Fina Casalderrey ingresa na RAG
Casalderrey dará lectura a su discurso de ingreso 'Viaxe á semente. Dende os refachos do
Foto: Sermos Galiza
corazón ata onde habita o imaxinario'. Tras su intervención, y en nombre de la Real Academia Galega, le responderá Rosario Álvarez Blanco (
El Correo Gallego, 22-11-2013).
Grupo Abrente, homenaxeado
No ano 1969 naceu en Ribadavia la Agrupación Cultural Abrente, a partir da cal se inicia en 1973 a organización das mostras de teatro de Ribadavia nun contexto de ditadura franquista e cunha aposta clara por un novo teatro galego (Galicia hoxe, 23-11-2013).
Xabier Cordal, transmuta
Na xeración máis humilde da posguerra houbo xentes quen nin sequera chegaron a saber da súa propia derrota. Trato entón de falar partindo da precariedade na que se criaron, unha pobreza que incluía o descoñecemento e que viña de moito atrás. En transmuta o reto era interiorizar esa violencia, sentila, facela consciente e “botala fóra”, como se berraba nas romarías aos espiritados para que expulsasen o demo do corpo. Penso que a resposta a calquera dor consiste en tomar partido ante ela, sen idealizala, e continuar a vida tendo moi presente de onde procedemos (Praza pública).
Xesús Rábade Paredes, Sobre ruínas
Un espellismo, o da nosa sociedade opulenta e desenvolvida, que ergueron, para logo devastalo, os poderes políticos e económicos. Xesus Rábade sáese da sombra, tamén do espellismo, para compilar aquí uns versos poderosos, que son a cifra máis clara da súa lírica en rebeldía (Fran P. Lorenzo, El Correo Gallego, 28-11-2013).

29.11.13

Goretti Fariña. Orlando pendurado

Goretti Fariña colga o seu personaxe dun arnés e bótao a repasar a súa vida nesa situación perigosa,
incómoda, ridícula e irresoluble sen axuda externa. Por se a cita do Quixote que encabeza esta novela curta non fose aviso dabondo, a descrición do primeiro parágrafo non lle deixa ao lector ningunha dúbida sobre o carácter do personaxe que ten diante: “cordeiro perseguido”, alma condenada”, “inmediata vítima dun pelotón de fusilamento” (p. 9).
Sen outra que esperar polos rescatadores, o coitado debulla o que foi a súa vida e matina no rumbo que lle quere dar. En situacións límite afloran os bos propósitos e o Orlando pendurado fai a promesa de retomar a súa vocación sacerdotal; pero faino nun momento en que debería estar pensando en asumir unha posible paternidade. Avisados estamos de que o pensamento do protagonista non se guía polo sentido común, senón polo que digan os “sinais” que non sempre son doados de interpretar. Nin sequera a vidente --que pensa ter diante un rapaz algo papaleisón-- llos dá explicado ao seu xeito.
Ao longo do repaso vital, o lector vai acompañando a un Orlando namorado que entrenza a súa vida coa de Alexandra sen daren chegado a constituír unha única corda. Xúntanse dous mundos que non se poden apariguar: o interior e a costa, o campo e o mar; dúas culturas, dúas formas de pensar, dous xeitos de ver a vida que a parella é incapaz de facer canxar. No hábitat dun non enraíza o outro.
Orlando e Alexandra son vítimas da época que vivimos. Época que so pode describir aplicándolle a crítica negativa das receitas da nouvelle cuisine: exceso de literatura para agachar a escasa enxunlla.
A autora fai unha ampla análise desta sociedade na que se non se é o rei ou raíña de algo acábase en simple matadiño. O bsiturí do humor e da ironía non deixa febra sen diseccionar: crenzas, política, corrupción, deterioro demográfico, relacións de parella…
O Orlando namorado vai mirrando e xorde no seu lugar un Orlando furioso, que non se soporta a si mesmo e envexa a vitalidade e o optimismo da súa parella. Cando Alexandra lle comunica a súa decisión de romper a relación, reacciona dándolle unha tunda. Iso si, asegurándose de que non haxa testemuñas na contorna.

Sitiografía


Goretti Fariña, Orlando pendurado. Vigo, Xerais, 2012.

27.11.13

Ai non (de Aíd)



ACTIVIDADES

1. Escoitamos aquí a canción Ai non (de Aíd)  ou directamente en Youtube.
2. Mentres escoitamos a canción, completamos a letra de Ai non (de Aíd) en Educaplay.
3. Cando teñamos rematada a actividade anterior, buscamos a letrada canción Ai non (de Aíd) na páxina musica.com e comentamos as grallas e os desvíos da lingua normativa que vexamos.
4. Coloquio: imos procurar o sentido da canción; recomendamos comezar polo retrouso.

5. Xogamos co léxico:

23.11.13

Ignacio Escolar. 31 noites

Novela negra de ritmo rápido e estilo periodístico, 31 noites conta as peripecias que nun tórrido
Imaxe:caferinoceronte
mes de agosto tivo que sufrir o protagonista narrador na procura dunha noticia de primeira plana que o mantivese no traballo. Así que o atopamos metido no mundo da noite: garitos, alcohol, droga, sexo, narcos, amizades perigosas e mentiras á muller. Cando ten á man todos os datos para publicar a noticia da súa vida, acaba sendo vítima das súas perigosas amizades e salva o pelello por pura carambola. Os “amigos” levarán a honra e o noso protagonista remata oficialmente morto, divorciado (a muller cobrará pensión de viúva) e emigrado en Alemaña con outra identidade. Irá sobrevivindo a forza de minijobs.
A historia cóntanola o protagonista nunha lingua directa, crúa e sen concesións á tenrura.


Falan da novela


Ignacio Escolar, 31 noites. Cangas do Morrazo, Morgante, 2012.

19.11.13

Todos somos (de Marcos Calveiro). Test de lectura

Test de lectura de Todos somos (de Marcos Calveiro).
O divertimento vai destinado ao club de lectura desta novela e non lles roubará aos participantes máis de tres ou catro minutos.
Aburiño.


Información sobre a novela

16.11.13

Xosé Monteagudo, O curioso mundo das persoas normais

Nace a novela nunha noticia de prensa que difunde o falecemento dun octoxenario
Imaxe: Editorial Galaxia
nun
hospital de Pontevedra. O extraordinario da noticia era que un cuarto dese hospital foi a casa de toda a vida do ancián, que non se podía mover a causa da espiña bífida.
Xosé Monteagudo desenvolve as posibilidades narrativas da noticia e crea a Tomás, protagonista inmóbil e non moi autente, que nos devolverá a súa visión d’O curioso mundo das persoas normais.
As persoas normais presentan dúas características básicas: teñen unha vida no mundo exterior e gardan unha postura vertical. A postura horizontal --permanente no protagonista-- converte os normais en pacientes ou en defuntos, se é definitiva. Isto foi o que lle pasou ao doutor Regueiro, que o puxeron definitivamente horizontal por roxo e deixaron a Tomás sen mentor.
O mundo de fóra coñéceo Tomás a través de pacientes e persoal sanitario. Son a súa escola, pois non se nos di que tivese outra. E esa escola aprovéitaa Tomás afinando a técnica de escoitar e a de preguntar, aínda que ás veces digan que “é mellor non preguntar”. As preguntas esixen respostas coidadosas que lle esconxuren o perigo de consecuencias non desexadas, porque as palabras non teñen o mesmo significado para todo o mundo e segundo quen as pronuncie ou escoite poden causarlle encordios na súa precaria pero non infeliz situación. O única que preocupa a Tomás é que o trasladen dese cuarto de hospital onde o tratan, se non con agarimo, si con corrección.
Tomás é un personaxe que fixo da resignación a ferramenta básica para unha supervivencia pasable nun medio hostil, pero do que logra obter a comida, a calor e os coidados necesarios para levar unha vida mellor ca a de moitos seres normais do mundo de fóra. A materia pendente será a do cariño, pero o trato afable dos médicos e enfermeiros será un sucedáneo aceptable. O personaxe creado por Xosé Monteagudo logra converter en normal unha situación irregular, unha pataca quente que non queima a ninguén dos afectados. Tomas sobrevive grazas a boa vontade do persoal hospitalario e a táctica de deixar ir das autoridades.
A novela repasa os momentos máis salientables da historia recente. Comeza cos efectos da guerra civil e da represión (os de máis peso no relato) e remata practicamente nos nosos días. Non hai datas, pero nótase o cambio dos tempos no xorne e nas actitudes de pacientes e persoal sanitario. Ás veces, unha simple palabra “nova” para o eivado (fútbol, automóbil, neveira, avión…) ou novos aparatos chegados ao hospital sérvenlle ao lector para sinalar a etapa da que se está a falar.
O lector non pode deixar de sentir mágoa por este eivado entrañable que se preparou para a morte cunha envexable presenza de ánimo.


Sitiografía


Xosé Monteagudo, O curioso mundo das persoas normais . Vigo, Galaxia, 2012.