31.8.11

Noticias de literatura-110. Agosto 2011

Francisco Rodríguez presenta Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria:
A imaxe social dominante sobre Rosalía segue a estar deturpada, deformada. Avanzouse algo entre sectores minoritarios. A correcta explicación do fenómeno rosaliano tropezou e tropeza cunha imaxe moi consolidada, produto da manipulación feita durante máis de 125 anos polos poderes ideolóxico-políticos e culturais do Estado e os seus intermediarios na Galiza. As institucións académicas e educativas galegas, en xeral, non só se resistiron, senón que foron refractarias, aos avances para restaurar a figura real e acceder a unha lectura coherente da súa obra. A maiores, a globalización, aquí españolización, no campo cultural desvaloriza, entre a ignorancia e o desprezo, os valores literarios propios, en particular os nosos grandes clásicos (El Mundo, 13-08-2011).
María Xosé Queizán: reedición d’ O segredo da Pedra Figueira:
Se ben esta obra estruturalmente responde aos trazos dunha narración de aventuras, a viaxe non é só física senón que implica unha mellora vital dos personaxes cara á conquista da liberdade e un proceso de maduración interior e de coñecemento de saberes e tradicións ancestrais por parte de Lazo, a rapaza protagonista, por mediación da súa avoa e guía Sensatanai (El Correo Gallego, 16-08-2011).
Luis Antonio Pazos publica unha Guía lúdica da olaría tradicional de Galicia:
La guía examina de manera minuciosa y muy descriptiva los orígenes de este trabajo artesanal, las características de la materia prima, sus procesos de producción y las seis áreas en las que hoy en día sigue activa esta disciplina (La Voz de Galicia, 16-08-2011).
Ánxel Casal foi, entre outras moitas cousas, un editor sacrificado. Noticias da homenaxe:
  1. Galería fotográfica.
  2. Palabras evocadoras de Pousa Antelo.
  3. Modernidade do rexedor compostelán.
  4. Casal, un referente de dignidade política.

Literatura para o cine:
Oito obras da literatura galega prepáranse para cruzar a liña que separa a narración tradicional do guion cinematográfico. Autores clásicos e contemporáneos figurarán nos créditos de películas que están nestes momentos nalgunha das distintas fases do longo proceso que leva unha idea das letras ás imaxes (La Voz de Galicia, 25-08-2011).
Se exporta guión gallego": "Somos el único país que no recurre a su producción literaria para armar su campo cinematográfico" (El País, 29-08-2011).
O mercado da Tía Nin, libros ó peso:
Os libros son só unha parte da oferta deste orixinal negocio que creou a responsable da editorial Nigratrea en Galicia, Nieves Loperena. Ocupa unha casa antiga na rúa Julián Valverde que chama a atención polos «gaxianitos», personaxes mitológicos chamados mouris, antigos habitantes dos castros, a un paso entre os gnomos e os trasgos e que pintou o artista Pedro Sardiña. Estes seres dan a benvida anunciando arte, curiosidades, libros e talleres (La Voz de Galicia, 25-08-2011).
Novidades editoriais deste outono.

25.8.11

Karel Čapek. O ano do xardineiro

O ano do xardineiro non é un manual de xardinería. Nisto coincide toda a crítica. Non o é para novatos, pero podería selo perfectamente para quen tiver unha mínima experiencia no cultivo da terra, porque contén as indicacións necesarias para desenvolver o traballo sen necesidade de llo esmigallar pasiño a pasiño en fichas didácticas. Ademais o lector xardineiro atopará reflectidas nesta peza literaria as ilusións e as angueiras coas que vai ir vivindo ó longo do ano, de marzo a marzo... ou a febreiro se o tempo llo permite.
Se no canto de palabras, a obra estivese traballada en pedra, madeira ou calquera outro material, o xardineiro atoparía nela un monumento óptimo, fiel representación da súa personalidade vista cos ollos dun irónico humorista.

O xardineiro de Karel Čapek é urbanita. Quere isto dicir que a terra de que vai dispor para cultivar será pequena, por non dicir mínima, e a súa actividade absolutamente innecesaria. Mesmo a familia llo recordará de cando en vez, porque non deixa de padecer o encordio dos tarecos do oficio, que sempre andan entre os pés. Mais ó urbanita que sentiu a febre da xardinería tornóuselle enfermidade incurable.
Karel Čapek logra illar un dos trazos característicos do gremio, o único cultivo común: todos os xardineiros afeccionados cultivan o tempo e fano constantemente. Se chove de máis, rosman; se de menos, tamén; o mesmo se vai calor ou frío, neve ou néboa... Viven nunha rosmadela perpetua porque o tempo sabotador vai malograr o perfecto xardín dos seus amores.

Discrepo do trato que o autor lle dá ó hortelán. Xardineiro e hortelán, no fondo, veñen sendo o mesmo. Calquera destes se sentiría molesto polo capítulo “sobre os cultivadores de verduras”. Se cadra, o autor pretende esconxurar con el o seu fracaso como hortelán: “Tamén gobernei unhas cantas embelgas de cenorias, verzas, leitugas e colinabos; fíxeno seguramente levado por un certo romanticismo, querendo concederme a ilusión de ser un granxeiro (...). Non quero en absoluto estragarlles a ilusión ós que cultivan verduras; pero que chapen eles o que cultivaron! Se me vise obrigado a come-las miñas rosas ou a rilla-las flores das miñas convalarias coido que había de perderlles certo respecto. Un castrón pódese facer xardineiro, pero un xardineiro dificilmente se pode facer castrón, e menos acabar papando o seu xardín” (p. 75). E a cousa aínda non remata aí. ¿Que diría o autor dos que meten a beleza dunha flor na cazola antes de enviala á andorga? Mellor non pensalo.


O libro por veces ten a fasquía dun manual de autoaxuda --dito sexa sen ánimo de ofender--. Algunhas das súas ideas --refráns á parte-- poden ser tomadas como máximas para a vida. Velaquí algúns exemplos:
  1. “Canto máis ruín sexa unha herba, máis se agarrará á vida” (p. 9).
  2. “O auténtico xardineiro non é unha persoa que cultiva flores, senón que é un home que cultiva a terra” (p. 30).
  3. “A paciencia é a nai do coñecemento” (p. 41).
  4. “A filosofía alemá afirma que a crúa realidade é simplemente o que é, mentres que a orde superior e moral é o Sein-Sollende, é dicir, o que debe ser” (p. 81).
  5. “Tamén os deuses teñen as súas tempadas. No verán un pode ser panteísta, considerarse unha parte da natureza, pero no outono un só se pode considerar un ser humano. Aínda que non nos persignemos, todos voltamos amodiño cara ó nacemento do ser humano. O lume de toda lareira arde en honor ós deuses do fogar” (p. 119).

Podemos atopar máis sen matarnos moito na busca.
Da riqueza léxica da obra e da excelente versión para o galego tamén se fai eco a crítica. E con motivos sobrados. Para este lector, ademais dunha obra que reflexiona sobre a natureza do ser humano e unha manifestación de amor pola natureza, resultou unha divertida lectura --que non fixen co sacho na man-- nas que vin reflectidas, salvando tempo e espazo,  algunhas experiencias coma se fosen propiamente miñas.

Concordo co autor na definición gráfica de xardineiro (ou hortelán): un home en crequenas ó que lle faltan brazos e que non sabe onde poñer as pernas. Un cultivador de beleza para o gozo dos semellantes.

Falan da obra





Karel Čapek, O ano do xardineiro. Rinoceronte, 2009. Tradución do checo de Fernando de
Castro García.

Etiquetas: , ,

22.8.11

Ana María Fernández, Historias que contan as paredes

Historias que contan as paredes é un precioso libro que cómpre ler dende a sensibilidade. Componse de 43 microhistorias -se non contamos mal- aparentemente sinxelas, pero que agachan retallos de vida ás veces moi complexa.
O título pode resultarlle enganoso ó lector. Non se pense en historias contadas co berro dun graffiti, senón no espazo físico no que transcorre calquera vida: as paredes da casa, do cuarto, unha ventá, unha horta, un autobús... En fin, calquera obxecto ou animal ou espazo familiar tórnase testemuña de retallos de vida e pode dar fe de aspectos que lle pasaron desapercibidos ó protagonista que os viviu. Por exemplo: o moucho que vixía os amores
novos, as saudades vellas, as alegrías e as tristuras que reúne unha festa; o cuarto do hospital, que sabe dunha conversa inacabada; o autobús e o condutor, que acaban coma sendo un... En definitiva, retallos das nosas vidas que seguen latexando, sen límites temporais,  nas paredes e nos obxectos que nos rodean, que se impregnan da nosa vida, que nos axudan a superar medos, que nos gardan segredos, que nos protexen.

Falan da obra:




Ana María Fernández, Historias que contan as paredes. A Coruña, Everest Galicia, 2008. Ilustracións de Manel Cráneo.


Etiquetas: , ,

17.8.11

Alexandre Bóveda e Federico García Lorca

Bóveda. Imaxe do CEDAB
Alexandre Bóveda
  1. Cúmprense 78 anos da morte do líder galeguista (Galicia Hoxe, 17-08-2011).
  2. Lembranza de Alexandre Bóveda nos concellos de Pontevedra e Poio (Diario de Pontevedra, 17-08-2011).







Imaxe: Camiño do Faro Ediciones
Federico García Lorca

  1. A memoria de Lorca vive 75 anos despois do seu asasinato” (Xornal.com, 17-08-2011).
  2. Lorca confírmase como unha voz clásica aos 75 anos da súa morte” (La Voz de Galicia, 17-08-2011).
  3. O estreito vínculo do escritor con Galicia” (La Voz de Galicia, 17-08-2011).
  4. Lorca, clásico inimitable a los 75 años de su muerte” (El Correo Gallego, 17-08-2011).
  5. Lorca vive (El Mundo, 17-08-2011).

14.8.11

Noticias de literatura-109. Agosto 2011

Manuel Portas fala no Xornal de Galicia (02-08-2011) de Un dedo manchado de tinta:
Manuel Portas. Foto: A. Lorenzo/Xornal deGalicia
Descoñezo no mundo un goberno que desprece ao seu idioma como acontece no contexto galego. Non se dá, que eu coñeza, noutras latitudes, como as colonias africanas que, durante moito tempo, rexeitaron os seus propios idiomas pero que se decataron que era necesario mantelos e protexelos. Nin en contextos deste tipo se dá unha situación parecida como á que vive este país.
David González Couso publica Martín Gaite. Os perfís galegos (Toxosoutos):
En su recuperación de Carmiña, Couso tiró de los legajos que fue encontrado y levantó otro árbol de la memoria de Martín Gaite: el genealógico. Llegó hasta el bisabuelo ourensano, Mariano Lloves, de los Lloves de San Lourenzo de Piñor. Pero solo pudo acceder al nombre. Ni fecha de nacimiento ni otra información. "Todos los antepasados de Carmen Martín Gaite fueron catedráticos", la mayoría de Geografía e Historia, en el instituto ourensano Otero Pedrayo. Y todos ellos "personas de gran inquietud intelectual y creatividad". En el árbol de la memoria que ha plantado el filólogo, el abuelo Javier Gaite (nacido en 1859) tiene el mérito de haber sido el primer autor de un libro de texto de Geografía e Historia para el instituto de Ourense. "Fue en la época de la reforma educativa, cuando el Ministerio cambió los planes de estudio y los catedráticos debían escribir los libros de texto" (El País, 04-08-2011).
Francisco Castro fala de lingua e literatura, especialmente da novela In vino veritas:
Francisco Castro. Foto: Sonia Daponte/Xornal de Galicia
A obra estouna a definir como unha novela furiosa. E non é unha etiqueta sen máis, realmente é o estado no que se escribiu a novela. Algunha das presentadoras das tres presentacións que levo até agora sinalou que se trata dunha novela escrita dende a ira e dende un intento de empregar a literatura para facer crítica social. Formalmente é unha novela negra que ten un detective cun caso que resolver e que segue os parámetos do xénero. Pero, ao tempo, tenta facer parodia. O meu é un detective dos de verdade, non de novela policiaca. É un detective dos que hai na Coruña, dos que hai en Vigo e que investigan asuntos de cornos, espionaxe industrial e que tamén teñen que controlar a xente que está de baixa pero que realmente engana a súa empresa. Baixo ese envoltorio, eu o que formulo é unha novela que pretende facer crítica do que eu chamo a telemerda e dos medios de comunicación, concretamente, a televisión. Eu penso que o nivel de parvura no que nos meten os programadores xa non é só inmoral, xa é, sobre todo, ilegal. Boto man, é unha cuestión de estilo, dun narrador moi omnipresente e que é tamén protagonista, que estaba xa en Xeración perdida e en Spam, que son dúas novelas moi críticas. Parto desa idea de que a literatura non é só simple entretemento, que ten que servir para facer crítica do que estamos vivindo (Xornal de Galicia, 05-08-2011).
Laurie Lee, Cando partín unha mañá de verán (Trifolium):
En 1934 Laurie Lee, un xove inglés de provincias, desembarcou en Vigo sin saber unha palabra de español, sen cartos e cun violín baixo o brazo (Editorial Trifolium).
Marica Campo, Noutra dimensión (Galaxia): recensión de Isabel Mociño en El Correo Gallego (09-08-2011):
Imaxe: El Correo Gallego.
o relato de Marica Campo sitúase nun mundo máxico dende o que se observan con distanciamento e mirada escrutadora problemas que asolan a sociedade actual, en especial os que máis directamente afectan á infancia.
Claudio Rodríguez Fer, Contos e descontos:
Aínda que é máis coñecido como poeta, Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) tamén é autor dunha obra narrativa que agora recompila nun único volume, Contos e descontos (Toxosoutos), e que inclúe textos inéditos (La Voz de Galicia, 07-08-2011).
Entrevista con Claudio Rodríguez Fer no Xornal de Galicia (11-08-2011).
Ramón Piñeiro: editada a súa correspondencia con Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Estas misivas forman a parte central do volume en homenaxe a Pérez-Barreiro, falecido en xaneiro do ano pasado, e que edita precisamente o Centro Ramón Piñeiro (La Voz de Galicia, 09-08-2011).
Raúl Dans fálanos de teatro:
Xerais e a Xunta, a través de Agadic, publicaron hai pouco a súa obra 'Chegamos despois a unha terra gris’, coa que levou o seu segundo Cunqueiro. Raúl Dans é un dos dramaturgos máis sólidos da actual escena galega e non deixa de demostralo. El di que só fala de xente coma calquera, cos seus medos e frustracións; cos seus conflitos, conquistas e derrotas. De persoas de natureza honrada que, obrigadas polas circunstancias, actúan contra os seus propios principios (El Mundo, 09-08-2011).
Jonh Boyne, Noah Barleywater escapa da casa:
'Noah Barleywater runs away', -en su título original-, es un cuento de hadas muy especial -ilustrado por Oliver Jeffers-, que fue reconocido en el país de Boyne, Irlanda, como el mejor libro del año para niños. El escritor no escogió esta vez, como es habitual en su obra, una época singular de la Historia, sino que optó por narrar las aventuras de un niño que decide salir solo, al bosque, para buscar su propio camino y llegar a "ser alguien" (recensión de Montse Dopico, El Mundo, 10-08-2011).
Carlos Taibo, un dos autores d’A revolta dos indignados:
“A revolta dos indignados” reúne as opinións de Carlos Taibo, Josep María Antentas, Esther Vivas, Antoni Domènech, Iván Giménez Chueca e Juan Carlos Monedero. As súas respectivas achegas reflicten o descontento xeral motivado pola difícil situación económica, política e laboral, criticando a indefensión da cidadanía e facendo un chamamento á concienciación e ao compromiso ante a necesidade de “construír entre todos unha sociedade mellor” (Galicia Hoxe, 11-08-2011).
Este libro recolle a súa intervención trala marcha, na que alerta do funcionamento das institucións “á marxe do ruído molesto da poboación”, reprende a política financeira do Goberno, advirte da precariedade nos colectivos máis desfavorecidos, do desequilibrio medioambiental, e das condicións de vida desfavorables nos países do Sur (Xornal de Galicia, 12-08-2011).
Brais Rodríguez presenta A man do diaño:
A Deputación da Coruña editou a última obra gañadora do VI premio Banda Deseñada Castelao, que convoca o organismo provincial, e que nesta edición recaeu no debuxante Brais Rodríguez pola súa obra A man do diaño (Xornal de Galicia, 12-08-2011).
Rubén Ruibal: Limpeza de sangue ó cine.
Rubén Ruibal. Foto: A. Lorenzo/Xornal.com
Cinco anos tivo que esperar o dramaturgo Rubén Ruibal para ver a súa obra máis recoñecida e premiada sobre un escenario. Limpeza de sangue, co Premio Álvaro Cunqueiro e co Premio Nacional de Teatro, non fora representada até que a compañías Espello Cóncavo a converteu en realidade a temporada pasada. Atrás quedaba un proceso xudicial e dous destacados galardóns de textos dramáticos (Xornal de Galicia, 14-08-2011).
Etiquetas: , , , , ,

8.8.11

Manuel Lourenzo González. Irmán do vento

Imaxe: Xerais
1. Irmán do vento cóntanos a historia de Khaled na súa propia voz. Preséntanolo o doutor Meira (Al-Galego), arqueólogo, que o coñecera con catro anos e que se despide del con 16 (maioría de idade para os koblai) cando marcha da aldea para pórse a salvo do exército norteamericano e mais para procurarse un futuro que, nese momento, é un soño.
A historia que se nos conta ten un marco cronolóxico preciso e céntrase maioritariamente nos anos da segunda guerra de Iraq. Un Khaled aínda neno vainos narrando o seu espertar á vida nun caderno que lle regalaran para ir adestrándose como contador de historias. A través das cartas que lle dirixe ao seu amigo Alberte --un fillo imaxinario do doutor Meira--, o lector vai tendo noticia da familia de Khaled, do lugar onde viven, dos medios de vida, da xerarquización do clan, das segundas nupcias do pai, da rapaciña que lle gusta e, sobre todo, dos rumores de guerra.
O protagonista atópase nun momento crucial: ten que aprender a ser home. A guerra vai ser o elemento catalizador polo que Khaled deixará de ser o neno da broma das ras para converterse no heroe capaz de traer o corpo do pai para que repouse entre os seus.
A guerra supón o esfarelamento da vida cotiá e o estrago de moitas vidas e familias. Mais ao noso protagonista, que sempre foi un neno preguntón, faille caletrar en temas coma o da identidade, o medo, a dignidade, o sacrificio polo país, os parasitos sociais, o sentido da vida... A guerra, afortunadamente, non lle dá acabado cos soños nin coas ilusións.

2. Irmán do vento, á parte de ser unha novela de denuncia, tamén é un relato de aventuras, especialmente a partir do capítulo 13, onde temos noticia da desaparición do pai de Khaled e o rapaz comeza a matinar no xeito de dar con el ou co seu corpo para traelo de volta.
Esta parte da novela constitúe toda unha viaxe iniciática. O protagonista escapa da casa sendo neno e retorna feito un home e coa misión cumprida. O autor faino coincidir coa data do aniversario que significa a maioría de idade.
A viaxe na procura do pai pon o rapaz en contacto con outros modos de vida e amósalle tamén os estragos que a guerra lle causa ao país.

3. Do outro lado do espello do relato principal está o conto que Khaled vai construíndo como
Foto: Xoán Carlos Gil / La Voz de Galicia
exercicio literario. Ese conto garda evidente paralelismo co relato principal e no seu argumento cúmprense aqueles soños que se frustran na vida “real”. Péchase cun final feliz que contrasta co final aberto da novela.

4. Ademais do conto, esparexido ao longo do relato, na novela aprécianse dúas partes. Unha formada pola introdución e mais o epílogo, onde a voz do doutor Meira conta o propósito da novela, presenta o protagonista, enmarca cronoloxicamente e remata a historia. A outra parte, que consta de 24 capítulos, consiste no caderno co que Khaled vai escribindo a súa propia historia para que algún día a coñeza o amigo Alberte, fillo imaxinario do doutor.

5. Do punto de vista temático, cómpre salientar a reflexión que se fai sobre os propósitos das guerras, sobre a diferenza de culturas e sobre a consciencia de identidade como pobo.

6. Outras lecturas


7. Para coñecer o autor

Etiquetas: , , ,