30.9.17

Rolda pola república das letras-189. Setembro de 2017

A montaxe [...] preséntase coma un thriller que toma como punto de partida a desaparición do terapeuta dun Miguel que está a silenciar as claves do enigma. Cando menos, iso é o que considera o director do centro, interpretado por Ernesto Chao, quen se empeñará en arrincarlle a verdade ao inquietante paciente, admirador da agreste beleza dos elefantes e devoto dos xogos mentais (Alberto Ramos, Praza Pública, 01-09-2017).
[...] ao longo destes doce meses, todos que tivemos a beizón de convivir ao teu carón, de gozar das túas atencións ou de descubrirte mediante as túas narracións sentimos a vontade de reunirnos para atopar consolo na exaltación da túa persoa e obra (ELOS, El Correo Gallego, 03-09-2017).
[...] Samartim analiza miles de datos obtenidos en revistas culturales, políticas y científicas, en la prensa y en todos los libros publicados en Galicia durante esos años. Además, el libro estudia la implantación y actividad de unas 500 entidades políticas y culturales gallegas localizadas entonces en Galicia y en Europa, América y la península ibérica, describiendo los principales grupos que actuaban en ellas, los programas que estos defendían, sus estrategias de acción y su triunfo o fracaso posterior (La Voz de Galicia, 04-09-2017).
Daniel Salgado ofrécenos neste artigo as novidades literarias para o novo curso (Sermos Galiza, 05-09-2017).
O Pañcatantra, orixinario do territorio que conforma a actual India, atópase nos alicerces da fabulística europea. Importantes autores do sur europeo, como o mallorquí Ramón Llul ou o castelán Arcipreste de Hita, recibiron a influencia da obra (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 07-09-2017).
Foron moitos e moitas as persoas que este mes de agosto seguiron as pegadas de Paula nas rúas da cidade do Porto. Durante varias semanas a última novela de Carlos Meixide, A memoria dos meus pasos, publicouse por entregas en Praza.gal (entrevista de Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 08-09-2017).
Abriu o selo cunha novela do meu pai, Botei corenta anos, unha obra de ficción autobiográfica, e un poemario de Paco Ledo, Poesía dun labrego, que era un feixe de poemas da terra, moi orixinal e que foi editado con papel de estraza. Para meu pai, este papel mouro lembráballe por unha banda ao centeo e, pola outra, á escuridade da posguerra. Eses foron os primeiros pasos (entrevista de Alberto Ramos, Praza Pública, 09-09-2017).
[...] Antonio Fernández Morales (1817-1896), o cantor do Bierzo, quen aprendeu galego no seu concello natal, Cacabelos, sendo profesionalmente un militar ilustrado, progresista e republicano (Alberto Martínez, El Correo Gallego, 12-09-2017).
[...] Su obra abarca la poesía, la narrativa, el ensayo y la literatura infantil. Xohana Torres nació en Santiago el 22 de noviembre de 1931 y se crió en Ferrol, en donde estaba destinado como marino su padre (El Correo Gallego, 13-09-2017).
A vida de Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897-Vigo, 1979) non foi doada (Xosé Manoel Rodríguez, La Voz de Galicia, 14-09-2017).
É coñecido que Lindgren compuxo a exitosa criatura de Pippi animada pola necesidade familiar: a súa filla pequena Karin andaba na cama enferma e ela debía botarlle imaxinación para entretela (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 18-09-2017).
[...] o instituto Ramón Otero Pedrayo de Ourense acollerá o acto de lectura do discurso de entrada da poeta Chus Pato na Real Academia Galega. A ourensá escolleu como espazo para ler o seu texto o centro de ensino onde foi alumna (La Voz de Galicia, 18-09-2017).
O premio Vitoriano Taibo recupera para o público a poesía de Rafa Vilar (Cee, 1968), e faino con Erosións, un libro "de amor, de amor e vida para ser máis preciso". O xurado do certame referiuse á "sinxeleza e intensidade lírica" dunha obra "intimista e apaixonada" (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 19-09-2017).
[...] Un conto enleado xoga coas dúas principais ocupacións de Carroll: a literatura e as matemáticas. "A intención do autor era a de abranguer en cada Nó", escribe no breve prefacio da obra, "unha ou varias cuestións -de aritmética, álxebra, ou xeometría, segundo o caso- para brincadeira e posíbel instrución dos cabais lectores" (Daniel Salgado, Sermos Galiza, 20-09-2017).
A historia de "A señorita Bubble", unha inventora que chega por sorpresa a unha vila onde é acollida cun "odio repentino", a última entrega literaria da escritora galega Ledicia Costas (Mar Mato, Faro de Vigo, 22-09-2017).
Neste Tempo transfigurado, Cesáreo Sánchez Iglesias regresa sobre os seus pasos para recoller a vida, a memoria, a soidade, de debaixo da terra. Para recollela coas mans. Persegue o canto das sereas e faise dono da música e do silencio. Despois, entréganos a nós, lectoras afortunadas, esta colleita marabillosa (Berta Dávila, Praza Pública, 25-09-2017).
O libro foi construído case como a crónica da viaxe por unha paisaxe crepuscular, unha viaxe de inverno por esa Europa posterior a Auschwitz na que, segundo Adorno, xa non se pode escribir poesía (M. Obelleiro, Sermos Galiza, 25-09-2017).
Luns tenta ser un reflexo da vida diaria. Tenta ser un espello no que mirarnos e no que analizar a nosa sociedade. Unha sociedade que esquece o tempo dos coidados, esquece a xente que necesita algo máis alá das leis que despois non se aplican (entrevista de Belén Bouzas, Sermos Galiza, 27-09-2017).
Resta e segue (se cadra ao mellor, pode ser froito da política do sentidiño)
A produción editorial en lingua galega descendeu un 13,1 % o ano pasado, fronte ao incremento rexistrado en castelán, catalán e eúscaro, segundo o estudo divulgado onte co título Panorámica de la Edición Española de Libros 2016. (Victoria Rojas, El Correo Gallego, 28-09-2017).
Dous días despois da súa chegada a Vigo desde a Morgan Library Museum de Nova York, o pergamiño Vindel vía a luz de Galicia xunto ás «ondas do mar de Vigo» que o viron nacer. Unha luz tenue e breve que só durou dous minutos, tempo fixado polo técnico de conservación para mostralo aos medios de comunicación no Museo do Mar (María Jesús Fuente, La Voz de Galicia, 29-09-2017).

Ningún comentario: